|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 63 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| Winnerman |
A primeira edición da competición nacional Winnerman, na que se
combinará a natación e a carreira a pé, arrancará en Cedeira o día 27
de xullo. Será o punto de partida dun itinerario que inclúe oito
cidades de toda España e que prevé sumar a participación duns 3.000
atletas.
O alcalde da vila, Luis Rubido, presentaba onte á tarde a cita
no pavillón polideportivo xunto ao concelleiro de Deportes, Pablo
Nebril; o director de Winnerman, Jesús de la Fuente; o director
deportivo do Club Natación Cedeira-Muebles García, Xan Suárez; o
presidente do clube, Francisco Javier Martul, e os representantes das
principais firmas patrocinadoras da competición en Cedeira, Jesús
Villasuso (Villasuso Construcción) e José Antonio García (Muebles
García).
© 2014 - Concello de Cedeira
Trátase dunha competición na que o corpo é o único motor. Así,
Winnerman desmárcase do triatlón convencional para crear un novo reto
deportivo de alta esixencia que invita aos deportistas a realizar un
circuito mediante a secuencia de nadar, correr e nadar de novo. Unha
proba diferente, singular e atractiva que se levará a cabo nun circuito
urbano e que percorrerá diferentes localizacións en territorio nacional
durante os meses de verán.
Así, a esixencia das probas varía en función
das distintas categorías dos participantes: promoción (nados en 2005 e
posteriores) 150 metros natación, 500 metros carreira e 150 metros
natación; junior (entre os anos 2000 e 2004), 250+500+250; amateur
(entre 1996 e 1999) 750+3000+750; profesional (entre 1995 e 1984),
veterán 1 (entre 1974 e 1983) e veterán 2 (antes de 1975)
1000+5000+1000.
Así, a inscripción para a proba de Cedeira está xa aberta na páxina
web de Champion Chip
(http://www.championchipnorte.com/evento/detalle/id/248/winnerman-cedeira)
e no enderezo electrónico cnatacion@gmail.com
para a categoría promoción.
Repartiránse premios para os tres
primeiros clasificados en categoría masculina e feminina (200, 100 e 50
euros) na categoría profesional e trofeos nas restantes. O calendario,
que se inicia en Cedeira, continuará en Laxe, Lagunas de Ruidera
(Castela A Mancha), Castro Urdiales (Cantabria), Ourense, Sestao e
Baracaldo (en Euskadi) e concluirá na Coruña. Así, en Cedeira a
competición arrancará sobre as 16,45 horas e desenvolveráse no entorno
da praia da Magdalena.
No acto de presentación, Jesús de la Fuente fixo un chamamento á
participación, namentras que o alcalde, Luis Rubido, agradeceu á
organización da proba a elección da vila, xa que permitirá a través do
deporte dar a coñecer Cedeira, co impacto económico e sobre a
hostelería que trae consigo. Así mesmo, a organización quixo destacar
tamén a colaboración prestada pola Agrupación Local de Protección Civil.
Link: Concello de Cedeira
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 5 votos: 1
| |
Opciones | |
|
Tópicos Asociados
|
|
"Winnerman" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|