NOVO Centro de Saúde Sí !!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 70 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Winnerman

PHP-NukeA primeira edición da competición nacional Winnerman, na que se combinará a natación e a carreira a pé, arrancará en Cedeira o día 27 de  xullo. Será o punto de partida dun itinerario que inclúe oito cidades de toda España e que prevé sumar a participación duns 3.000 atletas.

O alcalde da vila, Luis Rubido, presentaba onte á tarde a cita no pavillón polideportivo xunto ao concelleiro de Deportes, Pablo Nebril; o director  de Winnerman, Jesús de la Fuente; o director deportivo do Club Natación Cedeira-Muebles García, Xan Suárez; o presidente do clube,  Francisco Javier Martul, e os representantes das principais firmas patrocinadoras da competición en Cedeira, Jesús Villasuso (Villasuso  Construcción) e José Antonio García (Muebles García).


© 2014 - Concello de Cedeira


Trátase dunha competición na que o corpo é o único motor. Así, Winnerman desmárcase do triatlón convencional para crear un novo reto  deportivo de alta esixencia que invita aos deportistas a realizar un circuito mediante a secuencia de nadar, correr e nadar de novo. Unha proba diferente, singular e atractiva que se levará a cabo nun circuito urbano e que percorrerá diferentes localizacións en territorio nacional durante  os meses de verán.

Así, a esixencia das probas varía en función das distintas categorías dos participantes: promoción (nados en 2005 e posteriores) 150 metros natación, 500 metros carreira e 150 metros natación; junior (entre os anos 2000 e 2004), 250+500+250; amateur  (entre 1996 e 1999) 750+3000+750; profesional (entre 1995 e 1984), veterán 1 (entre 1974 e 1983) e veterán 2 (antes de 1975) 1000+5000+1000.

Así, a inscripción para a proba de Cedeira está xa aberta na páxina web de Champion Chip (http://www.championchipnorte.com/evento/detalle/id/248/winnerman-cedeira) e no enderezo electrónico cnatacion@gmail.com para a categoría promoción.

Repartiránse premios para os tres  primeiros clasificados en categoría masculina e feminina (200, 100 e 50 euros) na categoría profesional e trofeos nas restantes. O calendario,  que se inicia en Cedeira, continuará en Laxe, Lagunas de Ruidera (Castela A Mancha), Castro Urdiales (Cantabria), Ourense, Sestao e Baracaldo (en Euskadi) e concluirá na Coruña. Así, en Cedeira a competición arrancará sobre as 16,45 horas e desenvolveráse no entorno da  praia da Magdalena.

No acto de presentación, Jesús de la Fuente fixo un chamamento á participación, namentras que o alcalde, Luis Rubido, agradeceu á  organización da proba a elección da vila, xa que permitirá a través do deporte dar a coñecer Cedeira, co impacto económico e sobre a  hostelería que trae consigo. Así mesmo, a organización quixo destacar tamén a colaboración prestada pola Agrupación Local de Protección Civil.


Link: Concello de Cedeira



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 5
votos: 1


Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"Winnerman" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.17 Segundos