- FESTA + GASTO SOCIAL

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 66 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 PSdeG-PSOE Cedeira - Urbanismo

PHP-Nuke





© 2014 - Propietario finca
Imaxe de maior tamaño: preme aquí


ASUNTO: COMUNICADO
UN VECIÑO INDIGNADO PORQUE LLE VAN TIRAR UNHA CONSTRUCIÓN.
“LA DENUNCIA PARTIÓ DEL GRUPO SOCIALISTA”


          Unha construción situada perto do cemiterio municipal de Cedeira presenta na súa porta un escrito no que os propietarios se queixan da actitude que o goberno municipal está tendo a respecto desa construción ante a posibilidade de que a tiren . Damos un paso ao fronte porque nomean ao grupo socialista como responsables da súa denuncia. Van dados se pensan que desde o socialismo cedeirés agocharemos a cabeza ou deixaremos pasar unha denuncia coa finalidade de confundir. A cidadanía ten dereito a cantas explicacións solicite dos seus representantes e ainda que neste caso vai de vítima cando é victimario, pasaremos a concretar e deixar as cousas claras.

1. Certamente a posibilidade de que en Cedeira, e cicais en Galicia, a administración tire unha obra ilegal constitúe un fito que non pode pasar desapercibido.

2. Efectivamente, e isto é o fundamental, todo apunta a que esta construcción é ilegal.

3. Pero a construcción non se realizou de forma inocente, é dicir, coa disculpa de “non sabía nada”. Con anterioridade ao inicio das obras, desde a alcaldía se lle expresou ao entorno familiar que non era posible facelo legalmente.

4. Por aquela época, unha veciña puxo en coñecemento de quen naquel momento ostentaba a máxima responsabilidade na defensa do interese público, que esta construcción se estaba levando a cabo, dando nomes, apelidos e lugar onde se estaba a producir a infracción. É dicir, empezaron a obra sen licencia e sabendo que non facían o correcto.

5. Todo funcionario público, e con máis motivo o alcalde, ten a obriga inexcusable de cumprir e facer cumprir as leis. Se non actúa desta maneira é un prevaricador incurso en delito. Ainda que esta non sexa unha actitude frecuente nos tempos que corren, especialmente en Cedeira, onde esta doctrina se aplica discrecionalmente, “a uns sí e a outros non” o alcalde socialista foi sempre riguroso na aplicación deste principio, tratou a todo o mundo por igual, fosen ou non votantes do seu partido. E neste caso como nos demais, cumpleu co seu deber de iniciar un expediente, do que, como non podía ser doutra maneira, foron informados fielmente os promotores desta construción, que rematou na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, APLU, dependente da Xunta de Galicia que é a responsable en Cedeira de resolver os conflictos urbanísticos neste tipo de solos.

6. Os socialistas de Cedeira descoñecemos o percorrido que tivo este asunto unha vez que chegou á Xunta. Ningún socialista de Cedeira está na APLU. O que sabemos é o que nos chega a través de comentarios informales duns e doutros. Sin embargo, Cedeira sí conta cun representante nas máis altas instancias deste organismo. Efectivamente, Luis Rubido Ramonde é o seu vicepresidente. Ten acceso directo a todos os expedientes, a éste e ao do Baturro, por exemplo, que afecta ou afectou ao seu tenente alcalde, Alfredo Vilela Santalla (descoñecemos se está arquivado). O diferente tratamento que se lles estean dando a uns e outros expedientes non é achacable aos socialistas cedeireses e a súa persecución xudicial supera as posibilidades do noso grupo municipal. Se fiscais e xuices non ven nada punible na actitude do PP local son cousas que a nós humildemente se nos escapan.

7. Chegados a este punto, o interese que os autores do escrito teñen en levantar unha bandeira común coas edificacións anexas é comprensible, pero carece de fundamento. Meten no mesmo saco problemáticas distintas. Os momentos nos que se levantaron, estas chamadas chabolas pertas ao cemiterio de Cedeira, tempos anteriores aos do alcalde Vergara, non foron os mesmos e as leis que hai que aplicarlles son igualmente distintas. Dicimos máis, gran parte delas hoxe son intocables. O tempo transcurrido desde a súa construción sen mediar expediente de reposición da legalidade, deulles carta de natureza e hoxe son legais. Nos guste ou non. Intentar trasladar un medo contra gran parte das construcións sitas nesta zona é un intento vano de implicar no mesmo problema a xente que a día de hoxe está fora de toda problemática urbanística.

8. Todos, ao nivel no que desenvolvamos as nosas vidas, temos a obriga de respectar as leis, incluso aquelas que non nos parecen razoables nin xustas. Neste caso temos o dereito (incluso a obligación moral) e os instrumentos para cambialas, pero non as podemos saltar á toreira. O respecto á lei é o que nos fai iguais e os socialistas e toda a xente de ben, aspiramos a que a igualdade de dereitos acade a todos, pero tamén as obrigas deben igualmente esixirnos a todos. Revolverémonos contra aquelas situacións nas que uns constructores fan e desfán ao seu antoxo mentres outros respectan escrupulosamente as ordenanzas municipais.

9. Finalmente unha última consideración a respecto do chamado “urbanismo disperso” do que tan amigo somos nesta terra. Non sei exactamente cáles deben ser todos os límites legais para que cada quen construamos as nosas casas, chalés ou chabolas onde nos pete. Pero algún dos límites sí coñezo, que a sociedade o permita por democrática decisión e o poda soster económicamente.

En Cedeira, a 09 de xullo de 2014
JOSÉ LUIS VERGARA REY
Portavoz do GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA



Dcto. orixinal (PDF): preme aquí


Link: PSdeG-PSOE Cedeira



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 5
votos: 1


Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"PSdeG-PSOE Cedeira - Urbanismo" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.21 Segundos