|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 33 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| BNG - Cedeira :::: Concello - Axencia inmobiliaria |
BNG de Cedeira pregunta si o goberno popular pretende converter o Concello
nunha axencia inmobiliaria
Despois de visto o publicado polo
goberno municipal de Cedeira este pasado 5 de xuño, con respecto “ao impulso
dun plan de vivendas tuteladas para maiores de 60 anos”, o BNG , imaxinamos que
como calquera persoa que vira a noticia, preguntámonos que están a anunciar en
realidade nesta ocasión dende o Concello.
“Os 25 pisos dunha promoción
inmobiliaria privada ubicada na zona do Floreal poderían converterse nas
primeiras vivendas tuteladas do Concello”, así é como comeza o desenvolvemento
da noticia, na que despois o pouco que se explica é que poderán optar a elas
persoas non dependentes, que serán estas ás que se encarguen da limpeza das
vivendas e espazos comúns e que contarán con servizo de comedor e lavandería…
Insistimos, que están a anunciar?, que
como unha inmobiliaria privada non dá vendido pisos o goberno municipal popular
intenta botarlle unha man baixo o disfraz de que se quere prestar un servizo a
maiores de 60 anos que estean en “ boas condicións físicas e psíquicas (isto
tamén o recolle o publicado)”?.
Para o BNG é realmente escandaloso e
grave que o goberno municipal popular de Cedeira se atreva a publicar algo así,
e esiximos que se expliquen varios puntos importantes porque tal e como se
recolle a noticia no publicado poderían estar dando un trato de favor a unha
promotora non identificada. Por iso consideramos urxente, que o goberno
municipal aclare que papel xogan eles nisto,
actúan de intermediarios entre a promotora e os arrendatarios? De que
maneira? Quen é a promotora dos pisos?
A portavoz municipal do BNG de Cedeira María Xosé Rodríguez Pérez
Link: BNG Cedeira
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 5 votos: 1
| |
Opciones | |
|
Tópicos Asociados
|
|
"BNG - Cedeira :::: Concello - Axencia inmobiliaria" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|