NOVO Centro de Saúde Sí !!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 47 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 PSdeG-PSOE Cedeira - EUROPEAS 2014

PHP-Nuke         O pasado domingo, 25 de maio, 450 cedeireses e cedeiresas apoiaron a opción socialista. Desde a Comisión Executiva Local e, particularmente desde o grupo municipal socialista, non temos máis que agradecer a cada votante a súa confianza, para nós tanto máis valiosa, canto máis difíciles son os tempos que vivimos.

        Apoiarnos cando os ventos son favorables non pode ter o mesmo sentido que cando o vento ven de cara. O noso partido leva moito tempo sen escoitar o sentemento da cidadanía, incluso dándolle as costas ás súas demandas. O noso partido leva anos equivocándose nas decisións e nas persoas. Por iso temos que ser tanto máis agradecidos canta menos razón tivemos.

        Desde Cedeira sabémolo ben. Os socialistas locais levan anos, contra vento e marea, levantando a súa voz en congresos e comités nacionais do PSdeG-PSOE, esperando este momento de cambio. Facerlle a cama a Emilio Pérez Touriño, unha vez perdidas as eleccións autonómicas do 2009, foi unha cobardía. A elección de Pachi Vázquez, por moita maioría que conseguise no congreso de Pontevedra, foi un erro maiúsculo. Elexir aos dous últimos secretarios xerais da nosa provincia acumulou novas torpezas.

       A elección de Rubalcaba en Sevilla tamén foi outra equivocación e permitir que quenes naquel congreso votaron contra do voto directo da militancia se erixan agora en adalides das primarias constitúe outra derrota para os socialistas de Cedeira. Por iso os socialistas deste pobo sabemos do esforzo e do valor de quenes aprecian o valor socialista no PSdeG-PSOE. Estamos agradecidos.

        Recollemos a mensaxe dos votantes, dos nosos e dos alleos. Están a dicirnos que Cedeira busca a solución polo centro esquerda plural. Os socialistas de Cedeira, lonxe de denostar ou menospreciar a diversidade, incorporarémola aos nosos razoamentos e ás nosas decisións.


        Non son extrapolables os resultados das europeas 2014 ás próximas eleccións municipais. Haberá que poñerlle cara aos sonos e aos ideais, pero o pálpito é rotundo. Haberá goberno de progreso no 2015 en Cedeira.

En Cedeira, a 02 de xuño de 2014
JOSÉ LUIS VERGARA REY
Portavoz do GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA


Link: PSdeG-PSOE Cedeira



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 5
votos: 1


Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"PSdeG-PSOE Cedeira - EUROPEAS 2014" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.55 Segundos