O pasado domingo, 25 de maio, 450 cedeireses
e cedeiresas apoiaron a opción socialista. Desde a Comisión Executiva Local e,
particularmente desde o grupo municipal socialista, non temos máis que
agradecer a cada votante a súa confianza, para nós tanto máis valiosa, canto
máis difíciles son os tempos que vivimos.
Apoiarnos cando os ventos son favorables
non pode ter o mesmo sentido que cando o vento ven de cara. O noso partido leva
moito tempo sen escoitar o sentemento da cidadanía, incluso dándolle as costas
ás súas demandas. O noso partido leva anos equivocándose nas decisións e nas
persoas. Por iso temos que ser tanto máis agradecidos canta menos razón
tivemos.
Desde Cedeira sabémolo ben. Os
socialistas locais levan anos, contra vento e marea, levantando a súa voz en
congresos e comités nacionais do PSdeG-PSOE, esperando este momento de cambio.
Facerlle a cama a Emilio Pérez Touriño, unha vez perdidas as eleccións
autonómicas do 2009, foi unha cobardía. A elección de Pachi Vázquez, por moita
maioría que conseguise no congreso de Pontevedra, foi un erro maiúsculo. Elexir
aos dous últimos secretarios xerais da nosa provincia acumulou novas torpezas.
A elección de Rubalcaba en Sevilla tamén
foi outra equivocación e permitir que quenes naquel congreso votaron contra do
voto directo da militancia se erixan agora en adalides das primarias constitúe
outra derrota para os socialistas de Cedeira. Por iso os socialistas deste pobo
sabemos do esforzo e do valor de quenes aprecian o valor socialista no
PSdeG-PSOE. Estamos agradecidos.
Recollemos a mensaxe dos votantes, dos
nosos e dos alleos. Están a dicirnos que Cedeira busca a
solución polo centro esquerda plural. Os socialistas de Cedeira, lonxe de denostar
ou menospreciar a diversidade, incorporarémola aos nosos razoamentos e ás nosas
decisións.
Non son extrapolables os resultados das europeas 2014 ás
próximas eleccións municipais. Haberá que poñerlle cara aos sonos e aos ideais,
pero o pálpito é rotundo. Haberá goberno de progreso no 2015 en Cedeira.
En Cedeira, a 02 de xuño de 2014
JOSÉ LUIS VERGARA REY
Portavoz do GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA
Link: PSdeG-PSOE Cedeira