|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 25 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| Concello de Cedeira - DOG |
Portos de Galicia
RESOLUCIÓN do 15 de abril de 2014 pola que se fai pública a declaración de deserto do procedemento aberto, multicriterio, convocado para a selección de oferta para a tramitación dunha concesión administrativa de ocupación de dominio público portuario con destino á explotación de instalacións de bar-cafetaría na lonxa do porto de Cedeira.
Mediante Resolución do 14 de abril de 2014, o presidente de Portos de Galicia, en virtude das competencias conferidas polo artigo 6.3.g) da Lei 5/1994, do 29 de novembro, de creación da entidade pública Portos de Galicia, no artigo 9.h) do Decreto 227/1995, do 20 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da entidade pública, e sobre a base do disposto na proposta formulada, con data do 7 de abril de 2014, pola mesa de contratación e en cumprimento do previsto no 2º parágrafo do artigo 151.3, do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, resolveu declarar deserto o procedemento aberto publicado no DOG, número 34, do 19 de febreiro de 2014, para a selección de oferta para a tramitación de ocupación de dominio público portuario con destino á explotación de instalacións de bar-cafetería na lonxa de Cedeira, por falta de licitadores, ao declarar excluída a única oferta presentada.
Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase
interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do
Contencioso-Administrativo no prazo de dous meses contados desde o día
seguinte á notificación da presente resolución, ou potestativamente
recurso de reposición perante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun
mes contados desde o día seguinte ao da recepción desta resolución
(artigos 116 e 117 LRXPAC).
O que se fai público en cumprimento
do disposto no artigo 60 da Lei de réxime xurídico das administracións
públicas e do procedemento administrativo común.
Santiago de Compostela, 15 de abril de 2014
José Juan Durán Hermida Presidente de Portos de Galicia
Link: DOGAONLine
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 5 votos: 1
| |
Opciones | |
|
Tópicos Asociados
|
|
"Concello de Cedeira - DOG" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|