NOVO Centro de Saúde Sí !!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 39 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Un xuízo “que pretende condenar a actividade sindical”

PHP-NukeO Secretario Comarcal da CIG, Xesús López Pintos, terá que acudir ao xulgado do Penal o vindeiro xoves 12 de xaneiro como imputado por uns feitos ocorridos durante un conflito laboral na confraría de Mugardos no ano 2001. Pintos, que compareceu en rolda de prensa arroupado por parte da executiva comarcal, negou as acusacións de agresión a dous policías, explicou uns acontecementos provocados polas propias políticas partidistas dos responsábeis de Pesca naquel momento e apuntou que este xuízo non é máis que “un escarmento contra a actividade sindical”.


© 2009- CIG


“Este é un claro exemplo de como se persegue a actuación sindical”, sinala Pintos, quen se enfronta a unha petición da Fiscalía de dous anos e medio de prisión por un suposto delicto de atentado á autoridade e outro de lesións, acontecidos durante unha brutal carga policial contra un grupo de mariscadoras de Mugardos no ano 2001. Non obstante, o secretario comarcal da CIG de Ferrol destaca que o que máis lle sorprende é a acusación do letrado da Xunta que, entre outros delictos, o acusa de atentado a un axente, provocación, resistencia á autoridade e lesións, polo que pide en total 5 anos e 3 meses de cárcere. “O que máis me chama a atención é que por parte da Xunta se pide unha condena maior que a proposta polo fiscal, sobre todo se se ten en conta que a conselleira de Pesca daquela era a responsábel de Agamar, participou activamente no conflito e coñece perfectamente o que alí sucedeu”, sinala. Escarmento á central  Pintos, que nega rotundamente ter agredido a ningún policía, afirmou que o xuízo é un escarmento contra a central sindical. “Una vez máis estamos ante un aviso. Todos os días vemos como se producen accidentes laborais, despedimentos masivos, suspensións de emprego, etc. e ninguén pide contas; en cambio, aos sindicatos trátasenos de delincuentes, dándonos avisos de que temos que estar quietiños e calados”. Hai que destacar tamén que o colectivo de mariscadoras presentou unha denuncia contra os policías que participaron na carga e na que resultaron feridas 25 mulleres e o propio López Pintos. Non obstante, nin o Fiscal nin o xuíz aceptaron a trámite a denuncia. O conflito laboral na Confraría de Pescadores de Mugardos foi xerado pola entón patroa maior, Olivia Bonome, que se negaba a deixar o cargo a pesar de estar en idade de xubilación, e estivo amparado e auspiciado polo responsábel da Consellaría de Pesca naquel intre, Amancio Landín (PP), quen foi cesado no seu posto polos feitos acontecidos en setembro de 2001 e pola súa falta de responsabilidade co sector. Concentración diante dos xulgados Por mor do xuízo e baixo o lema “ceiban escravistas, xulgan sindicalistas", a CIG ten convocada unha concentración diante do Xulgado do Penal número 2 da cidade xoves 12 de febreiro a partir das 9:45 horas, á que asistirán delegados/as e afiliados/as da central. De igual xeito, os/as socios/as da Confraría de Pescadores de Mugardos anunciaron o peche do pósito en solidariedade co secretario comarcal de Ferrol. Un conflito que propiciou o cesamento do conselleiro de Pesca Os sucesos agora xulgados arrincan no verán de 2001, cando 90 dos 100 socios e socias da Confraría de Mugardos reclaman á patroa maior, Oliva Bonome, que xa tiña os 65 anos, celebrar eleccións para elixir unha nova dirección, proposta á que Bonome se negou a acceder mesmo ameazando aos voceiros/as dos afectados/as que solicitaban reunirse con ela. Pintos, que no 2001 era responsábel de acción sindical, lembra que foi entón cando as/os afectadas/os se dirixiron aos sindicatos CIG, CCOO e Agamar (da que era secretaria xeral a actual conselleira de Pesca, Carmen Gallego) na procura de apoio, iniciándose un peche no pósito que durou tres meses e once días, e toda unha serie de mobilizacións contra a actitude da patroa maior. O conflito agravouse no mes de setembro, cando Pesca, a instancias de Bonome e na contra da postura do 90% dos socios/as da confraría, decidiu abrir os bancos marisqueiros mentres as mariscadoras permanecían pechadas no pósito. As mobilizacións trasladáronse entón a pé de praia, onde as traballadoras apoiadas por López Pintos, tentaban convencer ás 10 mariscadoras partidarias da patroa de que cesasen a súa actividade. O 18 de setembro, esta ducia de traballadoras acudiu a mariscar escoltada por 20 policías autonómicos. Logo dunha disputa verbal, uns axentes agrediron a dúas mulleres, acción que deu comezo a unha batalla campal na que resultaron feridas de distinta consideración 25 mariscadores e o propio López Pintos, quen foi detido no servizo de urxencias e trasladado á comisaría dende o hospital. O secretario comarcal da CIG Ferrol pasou aquela noite nas dependencias policiais, saíndo libre sen cargos ao día seguinte. Os problemas comezaron logo da denuncia dun dos policías, quen asegurou que fora agredido cunha pedra por López Pintos e recibira, supostamente, varias patadas estando no chan, polo que tivo que permanecer de baixa 16 días. O secretario comarcal negou estas acusacións e asegurou que nos atopamos ante un novo caso de persecución sindical. Pintos quixo lembrar tamén que “foi necesario ese conflito para mellorar a xestión da Confraría”, que até entón tiña estado organizada como un feudo particular da patroa maior co respaldo das políticas partidistas levadas a cabo polo conselleiro de Pesca daquel entón. “Dous días despois do cese de Landín solucionáronse os problemas na Confraría”, apuntou.  

Link: CIGOnLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


"Un xuízo “que pretende condenar a actividade sindical”" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.20 Segundos