" Jane Danko naceu en Texas. Pero desde o ano 2000 vive en Galicia. Para
os que non saiban nada dela, direi que Jane Danko é unha artista dotada
de gran sensibilidade. Pero unha artista integral, desas que se deixan a
pel nas súas creacións, ao estilo dos vellos artesanos. Buril ou pluma
en ristre, dá forma aos seus gravados, aos seus poemas, aos seus libros
feitos a man co afán de buscar o que se esconde máis aló do que os nosos
sentidos perciben.
No seu país exerceu como crítica de arte, como directora de
redacción en diversas revistas; estivo sempre vinculada ao mundo da
cultura. Trala súa chegada a Galicia exerceu como profesora de inglés na
Universidade da Coruña.
Autora de varios poemarios, as suas vivencias en Galicia lévanlle a
escribir e ilustrar De amor e vida.
Estructurado en tres partes, na
primeira acode á mitología e á simboloxía do patrimonio galego:
costumes ancestrales como o Samaín, a mar, os seus homes e os seus
códigos; as follas do outono na súa decadencia, os paseos baixo a choiva,... para reflectir as vivencias e as sensacións que lle
producen o descubrimento da terra galega.
Na segunda parte, "Enigmas"
indaga sobre grandes temas universais do ser humano como o amor ou a
morte. Ademais da inspiración na realidade cotiá, Jane Danko verte na
súa obra o seu amor por clásicos como San Juan de la Cruz ou Dante. A
propia Jane confirma que o seu poema "Polemic é unha homenaxe a Dante:
"Escribín "Polemic" en tercetos encadenados como a miña homenaxe privada
a Dante Alighieri. escribindo como el escribira na súa Divina Comedia, e
iso influíu moito na selección do tema, as famosas - ou infamosas -
discusións bizantinas, neste caso, a discusión sobre o número de anxos
que podían bailar sobre a cabeza dun alfiler".
A última parte está
formada por tres poemas inspirados en recordos da súa terra natal.
Ademais do seu valor estético, o poemario mostra a orixinalidade de
estar escrito en tres linguas. Inicialmente escritos en inglés, a propia
autora realiza a tradución ao castelán. Ademais conta coa colaboración
de Vicente Araguas, que interpreta os poemas e vérteos ao galego.
Si vos resulta atractiva a proposta literaria e plástica da autora,
sabede que o venres 14 de marzo, ás 20:00, estará na Biblioteca
Municipal das Pontes presentando o seu libro, recitando algún dos seus
poemas e mostrando algúns dos seus gravados.
Estades invitados. "
+Info:
http://bibliomoncho.blogspot.com.es/2014/03/jane-danko-visita-as-pontes.html