|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 82 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| A Deputación da Coruña aproba investimentos por importe de 6 mill& |
A
Deputación da Coruña aprobou, no transcurso da sesión plenaria
ordinaria celebrada esta mañá, investimentos por un total de 6.147.495
euros para distintas actuacións de mellora da rede viaria provincial. A
sesión estivo presidida polo vicepresidente provincial, Pablo Villamar,
debido á ausencia do titular do goberno provincial, Salvador Fernández
Moreda.
Ao principio da sesión leuse unha
comunicación do reitor da Universidade de Santiago de Compostela (USC)
na que se dá conta da concesión á Deputación da Coruña da medalla de
ouro da institución académica “pola súa extraordinaria contribución ao
sostemento e cmprimento dos fins” da universidade compostelá.
Unha parte importante dos investimentos aprobados
hoxe concrétanse no plan de travesías, que ten como obxectivo principal
a mellora da seguridade viaria da rede provincial de estradas.
Proxectos incluídos: Cedeira, carreiro peonil na D.P. 2203 de Cedeira a Punta Candelaria á capela de Santo Antonio, cun orzamento de 407.053,80 euros
Na segunda fase do plan de travesías de 2009 inclúense os seguintes proxectos: Concello de Miño: travesía de Ponte Baxoi a Bañobre na DP 4801; orzamento: 232.290,10 euros; concello de Mesía:
creación de carreiro peonil na DP 4701 de Castro a estrada de Curtis
P.K. 0 ao P.K. 1; orzamento: 384.899,47 euros; Concello de Curtis:
seguridade viaria, renovación de beirarrúas e iluminación na D.P. 3201
ao seu paso polo núcleo de Curtis; orzamento: 288.438,58 euros;
Concello de Carballo; urbanización da estrada
provincial DP 1901 Carballo Sísamo, 1ª fase, P.K. 0 ao 0,730;
orzamento: 597.398,55 euros; Concello de Ares, construción de carreiro peonil na DP 0401 de Ares a Redes, cun investimento de 541.016,27 euros.
Outros proxectos incluídos son: Cedeira,
carreiro peonil na D.P. 2203 de Cedeira a Punta Candelaria á capela de
Santo Antonio, cun orzamento de 407.053,80 euros; Concello de Santiago de Compostela,
proxecto mellora de seguridade viaria na D.P. 7803 Santiago a
Figueiras, onde se construirá un carreiro peonil, cun investimento de
461.789,99 euros.
O Pleno provincial deu tamén luz verde á construción de beirarrúas na zona de Requeixo (Concello de Carballo),
na estrada provincial 1901 de Carballo a Sísamo, cun orzamento de
51.978,65 euros; e aprobou a realización de obras de mellora no vial
1104 de Boiro a Ponte de San Francisco P.K. 7,050 ao P.K. 8,500, cun orzamento de 298.778,61 euros.
Outras obras de mellora da rede viaria provincial que foron referendadas polo cheo provincial son as proxectadas en Ferrol
coa mellora da intersección na D.P. 3608 P.K. 1,300 Balón, cun
investimento de 125.448,32 euros; ampliación e mellora de trazada da
C.P. 1004 do P.K. 0 ao P.K. 6 de Lanza a Boimorto”, nos municipios de Boimorto e Mesía, cuxo orzamento final será de 665.848,51 euros. Tamén en Ferrol
se aprobará un reformado para a ampliación e mellora de trazado da DP
3606 de Covas a San Xurxo, cun investimento total de 615.235,26 euros.
Así mesmo, aprobarase un reformado do proxecto de mellora da DP 5602
P.K. 0 ao P.K. 6,360 Negreira a Ponte Nafonso”, no Concello de Negreira, cun investimento definitivo que ascende a 1.477.318,94 euros.
O Pleno corporativo aprobou tamén unha serie de
actuacións dentro do programa de calidade turística do Eume, como a
reparación da cuberta da igrexa parroquial de San Pedro de Grandal e a
reparación de fontes e lavadoiros de Goimil, Liñares e Eirexa, no
Concello de Vilarmaior, cun orzamento de 93.078,63 euros.
Tamén
se aprobaron, co voto a favor do PsdeG-PSOE e do BNG e o voto en contra
do Partido Popular, as modificacións do cadro de actuacións do Plan de
dinamización turística de Portodemouros. A deputada popular Ánxeles
Vázquez afirmou que os resultados do plan “non son os desexables” e
transmitiu o “descontento” de moitos alcaldes da zona coas actuacións
do plan, algunhas das cales a*****ulan certa demora. En resposta, Pablo
Villamar afirmou descoñecer o malestar dos alcaldes da zona e afirmou
que se poñerá en contacto con eles “e recollerei con interese o que me
conten”, afirmou.
Así mesmo, aprobouse a formalización dun convenio
entre a Deputación e a Universidade da Coruña para cesión de locais no
edificio da Residencia “A Milagrosa” para impartir os estudos
universitarios de Relacións Laborais, así como a cesión definitiva dun
local na rúa Matadoiro ao Concello da Coruña para a creación dun espazo
dirixido á mocidade e ás entidades de acción de voluntariado.
No
ámbito da cooperación exterior, aprobouse un acordo que permitirá a
formalización dun convenio a través do que se destinarán 45.000 euros
para o Fogar Español de Montevideo, centro no que residen numerosos
emigrantes procedentes da Coruña.
Na sesión plenaria desta mañá deuse conta tamén da
renuncia de Pilar Farjas, actual conselleira de Sanidade, á súa acta de
deputada provincial. A voceira do grupo Popular, Adolfo Gacio,
transmitiulles aos integrantes do Pleno o desexo de Farjas de
despedirse en breve dos membros da Corporación, ao que Pablo Villamar
contestou, en nome de todos os deputados, desexándolle sorte no
desempeño do seu novo cargo.
O cheo corporativo acordou tamén a modificación da
ordenanza fiscal que regula a taxa de publicación de anuncios no
boletín Oficial da Provincia, de forma que as administracións e
empresas quedarán exentas do pagamento das taxas de publicación de
anuncios sempre que sexan de tramitación ordinaria, en consonancia co
anunciado polo presidente provincial, Salvador Fernández Moreda, no
acto de presentación dos plans anticrise que, por importe de 26,5
millóns de euros, aprobou este ano a Deputación da Coruña.
Link: Diputación da Coruña
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 0 votos: 0
| |
Opciones | |
|
"A Deputación da Coruña aproba investimentos por importe de 6 mill&" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|