AC566 Ferrol - Cedeira NOVO TRAZADO SI !!!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 56 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 MOCIÓN SOCIALISTA NO PLENO ORDINARIO DE 29 DE XANEIRO

PHP-NukeDe acordo co previsto no Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, o Grupo Municipal Socialista do Concello de CEDEIRA desexa someter á consideración do Pleno a seguinte Moción: MEDIDAS DE REACTIVACIÓN DO TECIDO INDUSTRIAL DE CEDEIRA A TRAVÉS DO PARQUE EMPRESARIAL DA TRABE.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

A día de hoxe, o problema máis importante de Cedeira, igual que no resto do estado é o paro. Según datos da EPA de decembro do 2013, temos 533 residentes sen traballo. Outros moitos que superan este máis de medio millar de cedeireses estamos traballando fóra, non só do municipio, senón fóra de Galicia, incluso fóra de España.

Cedeira é incapaz de darlle traballo á súa xente. Os bancos tradicionais de emprego, baseados no sector primario coma o mar ou a madeira, así coma os relacionados coa construcción, carpinterías, etc. están pechadas ou, no mellor dos casos, en horas baixas e non son quen de absorber a man de obra expulsada polas empresas en crise. Máis ben ao contrario, habería que impulsar medidas para que estes sectores mellorasen o seu pronóstico.

No pleno de maio do 2013, o noso grupo presentou una batería de medidas cuxo impulso dependían exclusivamente da acción do goberno local. Iban desde a posta inmediata a disposición da Xunta de Galicia do solo para a construcción do centro de saúde ata a recuperación do viveiro de empresas que o PP rexeitou, renunciando á subvención do Plan Ferrol co conseguinte custo económico toda vez que teremos que devolver intereses de demora. As nosas propostas eran realistas e abarcaban a todos os sectores económicos, desde a constitución dunha Area de Rehabilitación Integral para o casco antiguo da vila vella ata o impulso de medidas de apoio ao sector forestal.

O PP, como xa nos ten acostumbrados, non só se adica a tentar destruir ou obviar o levantado durante a nosa alcaldía, pintura do palacete, viveiro de empresas, EDAR de San Román, depuradora do Carreiro, novo Centro de Saúde, etc. senón a ir en contra de cantas propostas lle levamos feitas desde o principio da lexislatura. Máis que un grupo de goberno, son un grupo de oposición, de oposición irresponsable.

O último episodio nesta carreira de despropósitos constitúeno as declaracións que o actual alcalde realizou na Voz de Galicia a respecto do Parque Empresarial da Trabe: “El Concello está al margen... me pregunto qué pasa con esas tres empresas, muy dependientes de las subvenciones, que no se deben dar si no disponen del resto del capital. Es importante tener suelo pero está lejos de las grandes vías de comunicación.”

Esta actitude que deixa ás claras o dimitidos que están das súas responsabilidades, explican o estado no que se atopa o parque empresarial e o que é peor, alguna das empresas que pretendían establecerse na Trabe. Cando trouxemos a este pleno os problemas que estaban atravesando algunhas delas, o daquela voceiro do PP e hoxe alcalde de Cedeira, falou da cárcere na que estaba preso un dos empresarios, arroxando un manto de sospeita sobre todo o polígono.

Agora volta ás andadas culpando ás empresas con problemas de ser dependentes de subvencións e carecer de capital, amosando una ignorancia que asusta. En primeiro lugar, os cartos que se lles deu aos empresarios, en absoluto se corresponden con subvencións, senón que son préstamos. Préstamos en condicións ventaxosas, pero préstamos que terán que devolver na súa totalidade.

En segundo lugar, as cantidades non cubren a totalidade da inversión, tendo que responder cos seus respectivos patrimonios, ben empresariais, ben familiares. Sr. Rubido, aconsellámoslle que se acerque a estes empresarios e averigüe os problemas polos que están atravesando, rixideces do IGAPE ou problemas crediticios coa Banca en xeral, coa finalidade de non de ensuciar os seus nomes e axudar na medida do posible.

O pouco ou nulo interés, cicais tamén incapacidade do PP, frente aos problemas do parque empresarial da Trabe, queda de manifesto na falla de alumeado, a non constitución da comunidade de propietarios, a displicencia ante o elevado custe do terreo de XESTUR e o abandono do proxecto que o noso goberno planteaba, tanto en Santiago como en Cedeira a respecto das deficientes comunicacións.

Por todo elo, o GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA propón para a súa aprobación polo pleno das seguintes iniciativas, incluidas na seguinte

MOCIÓN

1. Constituir a Comunidade de Propietarios do Parque empresarial da Trabe, e proceder ao alumeado das rúas ocupadas, e eliminación das obras frustradas, toda vez que esta situación, próxima ao abandono, dá una imaxe deplorable que vai en detrimento da imaxe de Cedeira, dos empresarios amén de problemas de seguridade.

2. Interceder diante de XESTUR para que abarate o solo e tentar de que a propiedade pase a mans do Concello.

3. Esixir da Consellería de Ordenación do Territorio, cuxo conselleiro prometeu en Cedeira a mellora da AC-566 a recuperación do proxecto básico elaborado pola conselleira que o precedeu, no que se incluía un acceso directo desde Esteiro ao parque empresarial, así como a Via de Alta Capacidade desde o Campo do Hospital, tanto hacia Ferrol como hacia Ortigueira que o Sr. Agustín Hernández prometeu para o 2015.

4. Esixir diante do Ministerio de Madrid e da Consellería de Industria a renovación dun novo PLAN FERROL, semellante ao acordado polos gobernos de Zapatero e Touriño, rematado no 2013, que supuxo para a comarca un finanzamento de 60.000 millóns de pesetas.

En Cedeira, a 22 de xaneiro de 2014
JOSÉ LUIS VERGARA REY
Voceiro do GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA


©2014 PSdeG-PSOE Cedeira
Dcto. orixinal (PDF): preme aquí


Link: PSdeG-PSOE Cedeira



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 5
votos: 1


Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"MOCIÓN SOCIALISTA NO PLENO ORDINARIO DE 29 DE XANEIRO" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.33 Segundos