AC566 Ferrol - Cedeira NOVO TRAZADO SI !!!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 76 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 DINASTIA

PHP-NukeAs sagas dinásticas non son alleas á política local nin exclusivas de Ourense. O último exemplo está en Cedeira. Un Rubido sucederá a outro na alcaldía da localidade coruñesa. A diferenza dos Baltar, pai e fillo, os Rubido, Leopoldo e Luís, son irmáns. Fontes do PP galego dan por feito que será este último, edil de Urbanismo e segundo tenente de alcalde, quen releve ao seu irmán maior que onte dixo adeus ao bastón de mando logo de prácticamente catro décadas de goberno e só dous paréntesis obrigado polas urnas en 1999 e 2007. Graduado social e profesor de Secundaria, Leopoldo Rubido Ramonde (Cedeira, 1942) aterrou na alcaldía en 1973, nas postrimerías do franquismo e, morto o dictador, levantou un monolito na súa memoria que inaugurou xa en democracia outra figura do Réxime, Gonzalo Fernández da Moura, exministro de Obras Públicas de Franco.

 A loa monumental de Rubido a unha ditadura que xa había expirado levantou moitas ampollas nunha vila marinera que albergou un sinistro campo de concentración na praia da Magdalena onde chegaron a estar 724 presos entre o outono do 37 e o verán do 38. Foron, sobre todo, republicanos vascos, asturianos e galegos que eran apresados no Cantábrico cando trataban de fuxir da Guerra Civil ocultos nos pesqueros e que foron recluídos en tres lonxas de peixe xunto ao areal onde se lles perdeu a pista para sempre a moitos nomes.

Leopoldo Rubido foi rexidor baixo as siglas de Coalición Democrática, Alianza Popular e, finalmente, o PP. Gobernou Cedeira durante 32 anos con dúas pausas. A primeira na lexislatura do 99, cando o derrotou un alcalde do BNG, e outra vez en 2007, para deixar paso a un tripartito de esquerdas encabezado polo socialista José Luís Vergara, ao que reemplazou en mayo do 2011 recuperando para o PP a maioría absoluta. Leopoldo era un dos alcaldes históricos do PP galego polo seu longevidad no cargo, xunto ao rexidor das Somozas, Manuel Candocia, que encadena 34 anos de mandatos ininterrumpidos. Nos oitenta e noventa, simultaneou cargos como rexidor, deputado provincial desde 1983 e senador pola Coruña do 93 ao 2000.

O martes presentou a súa dimisión por escrito no rexistro local e o xoves referendou a súa renuncia ao escano nun pleno extraordinario e urxente. Con 71 anos, asegura que non se vai nin pola súa idade nin por motivos de saúde senón para dar paso a novas caras que garantan a estabilidade política do seu pobo natal. O xa exrexidor presumiu de desempeñar o seu posto con "ilusión, austeridad, limpeza e eficacia" e vaise, dixo, deixando un pobo "máis fermoso e máis xusto". Aínda que evitou pronunciarse sobre o seu sucesor porque é un tema -dixo- que compete ao partido, non é ningún segredo que o mellor colocado é o seu propio irmán Luís, que ía de número tres na lista para os comicios locais de maio do 2011 e ao que a cúpula do PP galego xa senta no sillón de alcalde.

O PP cedeirés, con 7 dos 13 edís, elixirá ao seu próximo rexidor con outro pleno extraordinario. Mentres, Alfredo Vilela, o número dous da lista popular e primeiro tenente de alcalde, tomou temporalmente as rendas dun consistorio ao que se incorpora Pilar Pérez, ocupando o asento do Rubido máis veterano. Luís Rubido, avogado de profesión, irmán do rexidor dimisionario e rexidor futurible, incorporouse á corporación en 2004 e neste mandato levaba o peso da xestión local en Urbanismo, Facenda, Desenvolvemento Local, Turismo e Cultura.

Outro irmán de ambos é Bieito, director do diario 'ABC'.

Link: ELPaisONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"DINASTIA" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.31 Segundos