Jane Danko achega a edición trilingüe de " De amor y vida ".
Jane Danko, pintora e escritora, presentou onte en Sargadelos a edición en castelán, galego e inglés de "De amor y vida", libro editado pola Sociedad de Cultura Valle-Inclán na súa colección Solaster.
-----------------------------------------------------------------------------
A Galería Sargadelos (Rubalcaba,
30 -32 , Ferrol ) acolle este vindeiro xoves día 28 de novembro de 2013
ás 19:30 horas, a presentación do libro de
Jane Danko " De amor y vida / De amor e vida / Of Love
and Life ", edición trilingüe castellano - galego - inglés para a
Colección Solaster da Editorial Sociedad de Cultura
Valle Inclán .
Intervirán na presentación:
Jane Danko, pintora
e escritora, autora do libro
Xulio López Valcárcel, poeta , escritor e
crítico literario
-----------------------------------------------------------------------------
De amor y vida / De amor e vida / Of Love
and Life - Historia de un proxecto
DE AMOR E VIDA naceu dunha idea concebida por
Fernando Bores, editor e director da Sociedad de Cultura Valle-Inclán, ubicada
en Ferrol, (Galicia, España). Transcorrían os primeiros meses de 2005, Jane
Danko levaba en España catro anos. Había algún tiempo que Bores desexaba
publicar un poemario, tanto con gravados orixinais como ilustracións, todo feito
a man, na súa Colección Solaster. Propúxolle criar un libro bilingüe galego –
inglés, para o que Danko faría gravados orixinais con variedade de técnicas -
augaforte, augatinta, xilografía, liñografía e carborundo - como ilustracións
dos poemas. O libro, feito e encadernado a man, sería de pequena edición,
limitada, cunha pintura orixinal na capa de cada exemplar
Moitos dos poemas existían xa sobre o papel a
maneira de borrador, moi verdes e crus; outros eran nada máis que o xermolo
dunha idea, riscas nun folio; outros, case rematados, aínda que todos en estado
descoidado no seu caixón de "tarefas por atender". No ano e medio seguinte
escribeu e compuxo bocetos para as ilustracións, visitando os lugares que
reseñaba nos poemas para que deles fluíse a inspiración. Así, neste proceso, non
soamente os poemas se deron completados, senón que agromaron outros novos, e
novos esbozos tamén para acompañalos.
O libro foi collendo forma doadamente: tres
capítulos, o primeiro adicado a poemas sobre Cedeira, a sua nova terra; o
segundo tratando os enigmas que rolaban, e aínda rolan, nas sua cabeza; e o
terceiro, poemas que escribira en Texas, a sua terra natal. Fernando
presentoulle ao sobranceiro poeta Vicente Araguas quen aceptou ocuparse da
traducción ao galego do proxecto. Neste traballo conxunto xordeu unha fonda
amizade entre os tres que ten dado luz, alegría, e contento á sua
vida.
A meirande parte do contido é autobiográfica. Os
lugares e eventos que aparecen en "Galicia benquerida" - O Campo del Castro, A
Garita, o parque onde atopou a folla caída, a praia na que recolleu a estrela de
mar para devolvela ao seu hábitat, o porto, o mar, o San Xoán - todos existen,
todos son reais, como as historias que se contan en "Enigmas" e " ... tres de
Texas ". Todo aconteceu realmente, non hai nada de ficción.
.A preparación de poemas e gravados alongouse por
un período de case dous anos, ata dar esta por rematada. Os textos foron
impresos con tecnoloxía laser con verdadeira pericia artesá, páxina a páxina,
por Quique Vázquez na imprenta de Cedeira. Andrés Urrutia, artista e artesán,
tamén veciño de Cedeira, ensinoulle a técnica de encadernación. Para cada capa
de cada libro pintou unha obra de pequeno formato, ás veces figurativa, outras
baseada en símbolos dos petroglifos prehistóricos que tanto abondan en Galicia.
E en decembro de 2006 o que tivera sido un proxecto tornouse realidade, un libro
de 21 poemas e 21 gravados, feito e encadernado a man; unha edición de 20
exemplares e dúas probas de artista.
Desde aquel tempo, Fernando e Jane tíñan falado da
posibilidade de algún día facer una edición en offset de DE AMOR E VIDA / OF
LOVE AND LIFE, máis chegadeira, e á vez inserir nela os poemas en castelán,
ademáis de no galego e inglés da edición original. Aínda que o Concello de
Cedeira mercou un exemplar para a Biblioteca Pública, xeneroso gesto da
Corporación do que Jane esta fondamente agradecida, o seu desexo era que estos
poemas e gravados desen chegado ás mans dos veciños de Cedeira i de Galicia,
onde tantos deles están ambientados. Quería que os seus veciños puidesen levar o
libro a casa, dobrar, apalpar as páxinas, se quixesen regalalo se cadra a seus
fillos ou parellas, a un veciño, a un amigo.
Agora, con esta edición en offset , isto é posible
e o que era un soño para ela volveuse
realidade.
------------------------------------------------------------
Ficha
técnica:
Título: " De amor y vida / De amor e vida / Of love and
Life "
Edición trilingüe en castelán, galego e
inglés, que reproduce en cor os gravados da edición orixinal.
ISBN: 978-84-92597-27-7
Páxinas:
134
17 × 24 cm
Ed.: Sociedad de Cultura Valle Inclán
------------------------------------------------------
Jane Danko -
Biografía
Jane Danko naceu en Texas (EE. UU.) nas beiras do
río Sabine e a carón do pantano que vai de Texas a Lousiana. Xa desde nena
andaba enfeitizada polas alegorías e metáforas das cancións de berce e os contos
de fadas e procuraba sempre o significado oculto das palabras sen aceptar, sen
máis, o texto literal. Esta curiosidade acerca das realidades máis fondas
levouna a investigar os mitos, símbolos e fenómenos que van máis aló da natural
orde.
Desde o ano 2000 Jane fica en Cedeira, A
Coruña, Galicia, España, onde vive mergullada nun patrimonio rico en mitos e
símbolos que lle permite desenvolver unha obra explorando os universais e
intemporais temas que, inda non ben articulados, forman nidia parte da nosa
memoria colectiva primixenia, pois cando os percibimos son recoñecidos axiña
como algo familiar que nos une entre nós e a todos nós co alén.
En Houston (Texas) exerceu de crítica de arte
visual e performance para Houston Art Scene levandoa cabo, posteriormente,
traballos como Directora da sección Performance, Directora Editorial e, máis
tarde, Directora Executiva. Foi Directora de Redacción para Texas na revista The
New Art Examiner(Washington D. C.). É autora de Cando cantan os anxos, Lilith e
Bodas da espiral, ademais de libros feitos a man, únicos ou en edición
limitada.
-----------------------------------------------------
Link: DFONPaper - VONPaper - Pedro Taboada