A Asociación Amigos de Samaín celebrou onte o día
grande dunha celebración que non se viu ensombrecida polo tempo e que
este ano cumpre a vixésimo cuarta edición. Pola tarde, houbo un taller e
un concurso de cabazas; unha xincana; un taller de maquillaxe e un
pasacalles nocturno que terminou coa queima da gran cabaza, á beira do
río.
A festa continúa hoxe coa actuación de Quico
Cadaval ás sete da tarde e o pase en primicia da produción Unha festa
con castañas, da Asociación Buxainas, no que parte dos protagonistas son
veciños de Cedeira.
© 2013 - La Voz de Galicia
Link: VONLine