- FESTA + GASTO SOCIAL

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 50 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 PSdeG-PSOE CEDEIRA - COMUNICADO PUBLICO

PHP-NukeASUNTO: COMUNICADO Á OPINIÓN PÚBLICA.
Aluguer doutro centro de maiores, capricho e despilfarro.



     O menos que se lle debe pedir aos representantes da soberanía popular é que non causen problemas alí onde non existen. Pois ben, a ubicación do centro de maiores de Cedeira non presentaba ningún problema. Foi a decisión de Leopoldo e Luis Rubido (no pasado pleno escenificáronse as diferencias na propia bancada popular) a responsable do grave disgusto provocado entre este segmento da nosa poboación e conseguintemente a toda a veciñanza do municipio. Oitocentas firmas, recollidas non abrir e pechar de ollos expresan fielmente esta desazón.

     A accesibilidade do actual centro de maiores non ten mácula. Rampas, amplo ascensor e baños, cumplen as normas máis esixentes. No seu dia supuxo unha enorme inversión que o goberno do BNG e PSdeG-PSOE levaron a término e os poderes públicos deberan ser quen de amortizar, sexan da cor que sexan.

     O actual centro de maiores está enriba do auditorio. Os nosos maiores poden, sen esforzo, acceder ás actividades culturais que aquí se realicen. Teñen espazos para conferencias, biblioteca, medios audiovisuais, tecnoloxías da información e da comunicación, e posiblidades de ampliación e incorporación de novos espacios que permitan ofrecer servicios de fisioterapia, perruquería, mantemento, cursiños, etc.

     O noso centro de maiores conta con toda a infraestructura que lle permite contar cun expléndido sistema de climatización, iluminación e moi servida cociña que o fai especialmente idóneo para acoller un público delicado de saúde a ávido de novas ofertas, como as de tipo curinario, na terra onde as materias primas e o amor pola boa cociña forman parte fundamental da nosa carta de presentación.

      Os que mandan no Partido Popular queren contrapor maliciosamente os 1000 euros que se lle pagan a quen agora xestiona, cuida e limpa a cafetería co aluguer por idéntica cantidade do novo local na Plaza Roxa, como se o novo local non precisase de atención e limpeza. Alguén terá que barrer, fregar ou facer os baños. Polo tanto, haberá que engadirlle ao aluguer, a limpeza. Por outra banda, omiten e non din que a persoa que leva a cafetería rematou fai moito tempo o seu contrato. A xestión do local é susceptible, por tanto, de novas e mellores estratexias, máis eficientes e democráticas.

     O local ao que pretenden levar aos maiores debe ser reformado e dotarse de sistema de climatización dos que carece. Falan de levar o sistema de calefacción doutras estancias municipais. Desvestir un santo da nosa propiedade, para vestir outro de propiedade allea. O mesmo que terán que facer co mobiliario e aparellos audiovisuais. Os números que ofrecen para calar o clamor popular é de 7.000 euros. Iso valeo só o queimador da caldeira por moita propiedade que sexa do Concello.

     O actual goberno do PP dificúltanos o acceso ao expediente polo que foi cedido o solo, polas irmás de María Mediadora, para a contrucción do actual centro de maiores e auditorio. Pero sabemos e demostraremos públicamente que se realizou coa condición de que houbese un uso inequívoco por parte da xente maior. O actual alcalde quere que os testigos se esquezan daquel compromiso, demostrando que a súa palabra non vale nada, pero se hai papeles, e neso estamos, terá que rectificar.

     No pasado Pleno Ordinario, Luis Rubido aceptou a posibilidade de que as actuais instalacións se mantivesen ao servicio dos maiores, pero nada de dar un paso atrais no aluguer do local dos seus parentes. O outro Rubido, Leopoldo, afeoulle a conducta ao irmán, nun ambiente de deterioro total nas filas do PP. Non sabemos por tanto en qué quedará a cousa, se a concelleira Almudena Molina Pérez que non está de acordo, pintará algo, ou se o delfín se imporá frente a Leopoldo.

     Para o noso mal, o mal de toda Cedeira, non fai falla pensar moito para comprender cales son os motivos polos que Leopoldo e Luis Rubido deciden alugar o local dos seus parentes, sen concurso público, contra o sentir da xente maior, co reparo do Interventor, contra o sentido común e cunhos custos que unha sociedade en crise non pode soportar.

     Por todo elo, os socialistas de Cedeira situanse ao lado da plataforma que reúne aos maiores, e así, a finais de semana o noso Grupo Municipal solicitará a celebración dun PLENO EXTRAORDINARIO no que pediremos de TODA a corporación o voto a favor da revoga-ción do acordo da Xunta de Goberno pola que se procede a alugar o baixo da discordia.


En Cedeira, a 21 de octubre do 2013
JOSÉ LUIS VERGARA REY
PORTAVOZ DO GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA



© 2013 - PSdeG-PSOE Cedeira

Dcto orixinal (PDF) : preme aquí


Link: PSdeG-PSOE Cedeira



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 5
votos: 1


Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"PSdeG-PSOE CEDEIRA - COMUNICADO PUBLICO" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.20 Segundos