NOVO Centro de Saúde Sí !!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 11 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Concesión administrativa de uso privativo sobre o albergue "Os Pinos

PHP-NukeCERTIFICACIÓN


D. MANUEL LARROSA RODRÍGUEZ, SECRETARIO XERAL DO CONCELLO DE CEDEIRA (A CORUÑA).

CERTIFICO: Que mediante o acordo de  PLENO, na súa sesión ordinaria realizada con data un de agosto de dous mil doce foi adoptado, entre outros, o seguinte acordo:

“4.- CONCESIÓN ALBERGUE 'OS PINOS' A ORGANIZACIÓN JUVENIL ESPAÑOLA (OJE)




Vista a proposta de Alcaldía do seguinte teor literal:


"Vista a petición da Organización Juvenil Española (OJE) de concesión administrativa sobor do albergue "Os Pinos" (inmoble e fincas anexas identificadas na petición).

Visto o carácter demanial do mesmo segundo o inventario de bens municipal, estimando que concorren circunstancias excepcionais debidamente acreditadas na documentación que se xunta á petición, proponse vistos os informes de Secretaría e Intervención:

Primeiro.- Conceder á Organización Juvenil Española (OJE) unha concesión administrativa de uso privativo sobre o ben demanial do albergue "Os Pinos".

Segundo.- O obxecto da concesión é a utilización e aproveitamento dos citados bens para actividades culturais-deportivas e educación medio ambiental.

Terceiro.- O concesionario deberá levar a cabo as obras e instalacións, previa posta en coñecemento e autorización do Concello, que estime necesarios para o normal desenrolo do obxecto da concesión, que en todo caso non poderán supoñer alteración estructural nin configuración exterior do inmoble, excepto as pequenas obras de mantemento, ornato e seguridade do inmoble.

Cuarto.- O prazo da concesión será de 10 anos dende a sinatura do contrato administrativo.

Quinto.- o concesionario obstentará as facultades inherentes ao obxecto da presente concesión, e conservará adecuadamente as instalacións, reparando e repoñendo cando fose nencesario polo seu deterioro, así como manter informado ao Concello das actividades que leve a cabo, podendo ser obxecto de explotación mediante as tarifas que o concesionario estableza e que deberá comunicar ao Concello.

Así mesmo deberá facerse cargo o concesionario dos gastos derivados dos subministros de auga, luz, lixo e IBI e demáis gastos e tributos que se deriven da concesión administrativa, debendo suscribir unha póliza de seguro que cubra o propio inmoble e as actividades programadas pola mesma, así como a responsabilidade patronal, carecendo o Concello de relación ou vinculación algunha co persoal do concesionario.

Sexto.- A presente concesión non conleva subvención de tipo algún por parte do Concello, nin canon por parte do concesionario.

Sétimo.- O inmoble obxecto de concesión, revertirá ao Concello con todas as melloras producidas ao remate do prazo da concesión administrativa.

Oitava.- A presente concesión administrativa poderá ser revocada anticipadamente no caso de que desaparezan as causas que a motivan, así como de sobrevir outras que de haber existido, houberan motivado unha denegación, así como por razóns de interese público municipal debidamente xustificados.

Novena.- O concesionario deberá efectuar unha fianza ou garantía polo importe de 6.656,91 euros, no prazo de quince días hábiles.

Décima.- A presente concesión se outorga deixando a salvo o dereito de propiedade e sen prexuízo de terceiros."

Considerada a Alcaldía suficientemente debatido o asunto, someteo a votación, acordando o Pleno do Concello vistos os informes da Secretaría e da Intervención de datas 20-07-12 e 24-07-12 respectivamente, en votación ordinaria, por maioría de 7 votos a favor dos Sres. membros do grupo municipal do P.P. e 4 en contra dos Sres. membros dos grupos municipales do P.SdeG-P.S.O.E. (2) e BNG (2), o que supón a maioría absoluta legal dos membros da Corporación prestar conformidade á proposta da Alcaldía.”

E para que conste, e coa salvidade prevista no artigo 206 do R.O.F., expídese a presente certificación de orde e co visto e prace do Sr. Alcalde en Cedeira, o  6 de febreiro de 2013.

Visto e prace
      O ALCALDE,

+Info; preme aquí



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 5
votos: 1


Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"Concesión administrativa de uso privativo sobre o albergue "Os Pinos" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.21 Segundos