Decenas de veciños e curiosos apíñanse en torno á nave de carpintería da
empresa Mobles García, que está sendo devorada polas chamas, no
polígono industrial da Xunqueira, en Cedeira.
Un amplo operativo, con Bombeiros de Ferrol e Protección Civil traballa
na extinción do lume, declarado en torno ás once da mañá. As chamas
ameazan con destruír a nave. Non se rexistraron feridos.
Algúns empresarios temen que o incendio propáguese como consecuencia do
intenso vento. Unha densa humareda cobre esta parte de Cedeira.
© 2013 - La Voz de Galicia
Link: VONLine