|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 25 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| "Un dos nosos" por Gabriel Beceiro |
Un artigo de Gabriel Beceiro publicado na revista OLLAPARO ©2013 Gabriel Beceiro - OLLAPARO
"Estannos a dicir que foi un erro
elemental de tipo aritmético? É isto un erro de expresión, ou é que
vostedes cando queren dicir 5 din 10? Pódese considerar isto un lapsus,
unha gralla, un erro involuntario? Ou non será que feita a obra ilegal o
PXOM non lle acaía ben e adaptaron a norma á comenencia? É isto un erro
material ou máis ben un puro xuizo valorativo ao servizo dunha
operación á medida dun dos seus? Que garantías lle están a ofrecer ao
resto da cidadanía ?"
Coa «corrección do erro material» do Plano Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) o tenente de alcalde Alfredo Vilela
viu xustificada a súa presenza na política. Feito que permitiu ao
portavoz o executivo do PP, Luis Rubido, amosar máis unha vez o seu
perfil de «home evidente»: é o malabarismo do fume de carozo, a lóxica
inductiva que permite establecer a partires dun caso unha lei universal
(«porque deixa de perxudicar á colectividade» disque).
Ese razonamento
para iniciados serve para abrírmonos paso por entre os eixos
fundamentais da política populista do PP. Portanto, para axir segundo
esta lóxica, para deixar de perxudicar á «colectividade» disque,
cómpre acurtar a distancia de dez a cinco metros do cauce dun rio o dun
regato, que na terra destes últimos temos a eito e levan camiño de
converterense en canos e tubos. Quenes así pensan axiña han tirar de
conceitos baleiros como «calidade de vida», que nada di do que existe
nunha vila e menos no meio rural: nada di das horas de luz, se hai
árbores nas rúas, se hai recollida selectiva de lixo ou se a rúa está
perto dun parque e se este está encofrado entre edificios de 7 ou 8
alturas.
Se razonamos do aveso, abofé que levan razón, trátase da crenza política primordial da que fala Bourdieu: o punto de vista particular dos dominantes preséntase e se impón como o punto de vista «universal».
Repárese que non se dí sociedade, nen sequer comunidade, senón
«colectividade». E que é unha colectividade, pois un sustituto falaz do
«universal», unha parte que aparece como sendo o todo (chamémoslle
«pobo» ou interese xeral), sendo como é unha parte, un colectivo que é
beneficiado.
O que hoxe se apresenta como evidente e adquirido, imponse
como tal pouco a pouco. Nin sequer iso, abonda un individuo a
condición de que sexa un dos nosos para acelerar o proceso e a
«imposición mascarada».
Portanto, quen fai parte deste
colectivo? Pois os nosos, os que contan coa benzón da Direccion Xeral de
Urbanismo. Non hai problema, para iso está a realidade xurídica do
socorrido «erro material» (Lei de Procedimento Administrativo).
Pouco importa desnaturalizar a institución xurídica cando do que se trata é conseguir outra cousa.
Desvirtuarse así o sentido mesmo do erro material ou de feito, que é
apenas aplicabel se é ostensibel, manifiesto e indiscutibel. Mais
onde está aquí o “erro obstativo”, a evidencia do mesmo se após 18
anos de vixencia do PXOM (aprobado en 1995 baixo mandado do PP) non se
decataran que onde puña 10 debería poñer 5?
Eís o sentido da política para o executivo popular. Non nos enganemos ao
pensar: medidas coma estas son as que van expoliando o territorio,
metro a metro, muro a muro, regato a regato. O pseudodiscurso das
«renovables» e os merendeiros con vistas ao mar son só iso, vista, un
sistema operativo para dicir o que non se fai sin decilo.
Ao cabo, hai unha correspondencia entre o
espazo físico e o espazo social, de modo que a disposición no espazo
físico representa, como neste caso se mostra a modo de exemplo, a
posición dos axentes no espazo socio-político. Que moitos destes
criterios sexan amplamente aceptados no meio social ou que se atribua
calidade a un inmobel polas súas próprias características sen teren en
conta outras características extrínsecas (a calidade da paisaxe
atribuida ao rural e o seu tratamento como se for o centro urbano,
tipoloxías e materiais de construción , condomínios pechados,
muros,etc) é un síntoma máis desa lóxica de dominación do espazo urbano
que é exerciza polos axentes estructuradores dominantes, procedimento
xeral de dominación do espazo urbano garantido polo poder regulatorio
dos concellos (Estado, Deputacions), detentores do capital financieiro,
axentes inmobiliarios e componendas varias. Abonda unha olla atenta á
estrutura urbana de Cedeira para decatármonos dos efectos da dominación e
dos abusos.
Dicía Georg Simmel que o valor non é
unha característica intrínseca aos obxectos, senón o xuizo que os
suxeitos facemos deles. E non será hora de irmos mudando o noso xuizo e a
nosa linguaxe, valorando aqueles aspectos extrínsecos dos inmobles que
estaban enmascarados, establecendo unha troca baseada noutros aspectos
constitutivos de valor como a memoria constructiva e a paisaxe ?Link: OLLAPARO
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 5 votos: 2
| |
Opciones | |
|
""Un dos nosos" por Gabriel Beceiro" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|