A Xunta négase a dar o nome das persoas que están a cobrar o plus de altos cargos
Dende a Consellaría de Presidencia sosteñen que a Lei de Protección de Datos impide publicitalos.
Que ex directores xerais, conselleiros ou alcaldes pediron por escrito
o denominado plus de altos cargos ao reingresar nos seus postos de
funcionarios? Averigualo, non é, nin moito menos, unha tarefa doada.
Dende a propia Consellaría de Presidencia subliñan que non poden
facilitar a listaxe debido a que o prohibe expresamente a Lei de
Protección de Datos. Segundo a versión oficial da Xunta, a Lei de
Transparencia aplícase aos cargos cando están no poder pero non cando
xa o deixaron e non teñen responsabilidades políticas.
O chamado plus de altos cargos volve estar de actualidade despois de
que a Executiva Nacional do BNG instase aos seus militantes a non
acollerse a este complemento. A directora xeral de Fomento e Calidade
da Vivenda, Encarna Otero, primeira alto cargo que se opuxo de vez ao
plus, pedía esta semana a publicación dos nomes e apelidos de todos
aqueles funcionarios que perciban este diñeiro público.
Link: VIONLine