|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 64 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| Quen teme o superavit? |
Un artigo de Gabriel Beceiro publicado na revista Ollaparo.
"Que na situación de crise económica actual un goberno municipal se gabe de ter superavit é para tremer. Só se entende polo seu impacto mediático, esa ladaiña permanente coa que nos queren convencer de que non hai máis visión do mundo cá empresarial. En concreto, o exercizo de 2012 acabou con 586.269,80 euros de superávit. É o Concello de Cedeira unha S.A, unha sociedade anónima?É o seu obxectivo gañar diñeiro? Se dispoñen dese remanente que fixeron con el? A quen lle presentaron o seu programa de como investilo? Que os orzamentos sexan equilibrados a máis de ser unha exixencia legal para a ortodoxia economicista aparenta ser tamén un requisito moral. Os orzamentos son previsions antes de comezar un ano. Cando se fechan, falamos de liquidacións, que poden ser con déficit ou con superavit. Cando o momento económico era millor que se liquidaran con superavit podería ter razón de ser se obviamos que partimos dunha situación deficitaria en determinados servizos. Mais gabarse per se de ter superavit non ten sentido nengún a non ser que se equipare unha administración pública a unha empresa, sendo contraproducente se non sirve para reforzar as políticas sociais que, no actual contexto de crise, son absolutamente prioritarias e imprescindibeis. Porén, mesmo seguindo a comparanza, as empresas emprendedoras saben que teñen que adicar os seus rendimentos en investimentos que lles aseguren a competitividade futura. Deberían saber que os servizos sociais que se ofreceron en tempos de fartura xa eran moi cativos respeito ao resto de paises europeos. Por tanto o que alicerza a competitividade, seguranza e benestar do pobo é que a adminsitración invista en cidadanía.
Para Maria Xosé Rodríguez (BNG) os orzamentos son «insolidarios xa que
non é lóxico que habendo superavit, e gabándose delo, se manteña a
presión fiscal e se abandonen os servizos sociais con eliminación de
persoal e horas de servizo».
Para Vergara (PSOE) ese orzamento
amosa «a incapacidade do goberno para executalo, renunciando á
construción do niño de empresas»
Sendo asi, pregúntase o cidadán
de a pé, como é que non se rebaixa a presión fiscal e ainda se presuma
de axilizar a recadación a través das cotas de licenzas urbanísticas e
das contribucións especiais que convirten aos cidadáns en «prestamistas»
do goberno municipal ? Como é que coñecendo o incremento da taxa de
desemprego no concello os últimos meses sigan sen priorizar as
políticas de ocupación con medidas especiais dirixidas ás empreses?Por
exemplo, subvencionando a contractación de personas inscritas nunha
bolsa de traballo? Como é posibel que teimen en responsabilizar á Xunta e
á Deputación e en plena críse amortizen unha praza de auxiliar de
axuda no fogar? Non se trata de dar máis servizos con menos impostos,
senón que estes sirvan a quen máis o necesita. Están a reducir o gasto
via personal. Malia ser o IBI o ingreso principal do concello (lei
reguladoara das facendas locais, Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5
de marzo) as familias que teñan -xustamente a causa da crise provocada
polos raposos finanacieiros- problemas para o pagamento do IBI, terán
facilidades e e axudas a través dos servizos sociais e económicos do
Concello?
Como se pode afirmar sen rubor que o recorte en
servizos sociais esté vinculado a subvencións da Xunta e a Deputación,
que seica son segundo Rubido as que reduciron a cantidade, e non facer
previsión e provisión de recursos propios para tapar o furado, facendo
valer as súas competencias? Estamos a xogar a ver quen ten máis
superavit ou a atender as necesidades actuais dos veciños e veciñas
castigados pola crise e pola falta de expectativas dos desempregados de
máis de 50 anos e de grande parte da xuventude?.Velaí unha mostra máis
da ideoloxía da austeridade aplicada ao día a día. A disciplina de gasto
non entende de políticas sociais. O seguidismo acrítico da caída dos
ingresos e a subida de impostos aprobada polo executivo de Rajoy. O que
non precisan os concelleiros populares é se na cantidade apetullada polo
goberno municipal inclue a rebaixa do seus soldos en xusta
solidariedade coa cidadanía. Vai ser que non. E tamén non se albisca
intención ningunha de chegar a acordos coa oposición e coa sociedade
civil para tirar adiante un pacto de reactivación.
Sería
desexabel que o seu celo recadatorio non acabará en mero titular de
imprensa e lle digan á cidadanía cal é a súa política para incentivar a
productividade, a economía e os investimentos. Cal é o seu plano de
ocupación? Albiscaron a posibilidade de implementar algunha partida
para subsidiar o IBI a familias monoparentais e familias con rendas
baixas?
Mais o peso da ideoloxía contabel manda. Por iso é tan
dificil entender que non se invista todo o que se precise, e máis nunha
situación de precaridade, cando temos tantos déficits estructurais
básicos. A súa é unha visión empresarial da vida política, e non me
estraña."
© 2013 Gabriel Beceiro - Ollaparo
Link: Ollaparo Dixital
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 5 votos: 3
| |
Opciones | |
|
Tópicos Asociados
|
|
"Quen teme o superavit?" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|