NOVO Centro de Saúde Sí !!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 64 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Concello de Cedeira - Contas

PHP-NukeO Concello de Cedeira pechou as contas do exercicio 2012 cun superávit de 586.269,80 euros. O goberno que encabeza o popular Leopoldo Rubido confía en que prospere a enmenda presentada no Senado polo grupo do PP para que o Executivo modifique a Lei de Estabilidade Presupuestaria, que obriga ás Administracións locais a destinar o remanente de tesorería a amortizar débeda, e permítalles dedicalo a investimentos.

«Ese é o noso desexo», recalcou o portavoz e tenente de alcalde Luís Rubido. «Nestes momentos necesítanse investimentos, o camiño de reducir gasto non funciona. Creemos que o Goberno debería levantar a man no caso dos concellos que están saneados», sostén. A débeda bancaria deste Concello «xa está algo por baixo do millón de euros e estamos ao día no pago de facturas», asegura. «Con este remanente e a amortización ata final de ano, case a suprimiriamos, pero os intereses son baixísimos e estamos máis necesitados de investimento», insiste.

A existencia de superávit suscitou o debate no último pleno. O portavoz socialista, José Luís Vergara, reprochou «a incapacidade do goberno para executar ou presuposto (...), renunciando á construción do niño de empresas e reducindo a investimento en servizos sociais». Luís Rubido nega calquera relación do remanente con estas dúas cuestións. «Non ten nada que ver con prescindir do proxecto do anterior goberno do viveiro de empresas, nin matemática nin contablemente, porque o Concello tiña que aportar 60.000 euros, a maiores dos 60.000 de subvención (de Industria) e outro tanto dun préstamo, e esa partida non existía», subliñou.


«Tampouco é certo que se quitasen 60.000 euros de servizos sociais -agregou Rubido-, iso está vinculado a subvencións da Xunta e a Diputación, que foron as que reduciron a cuantía, non a recursos propios». O superávit responde, na súa opinión, «a un sumando de decisións políticas acertadas, rigor na disciplina de gasto por parte de todas as concellerías e optimización da oficina de urbanismo, que levaba un atraso de case tres anos. Acelerouse a concesión de licenzas, o que aumentou a recaudación».

O atraso das licenzas

Rubido móstrase crítico coa xestión anterior: «A oficina de urbanismo, pese a ter máis persoal, non tomou a boa dirección e tardamos meses en ordenala. Aínda hoxe queda atraso, xa que estamos dando licenzas solicitadas en novembro e ata en outubro». Resaltou, ademais, «o bo traballo, moi rigoroso, do persoal do equipo de intervención e tesorería».

Link: VONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 5
votos: 1


Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


"Concello de Cedeira - Contas" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.19 Segundos