- FESTA + GASTO SOCIAL

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 48 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Prórroga parcial ou control puntual?

PHP-NukeEn apenas un mes, o próximo 17 de maio, rematará a vixencia da norma urxente aprobada en 2007 en materia de ordenación do territorio e litoral segundo a cal quedaban freados os desenvolvementos urbanísticos na franxa de 500 metros desde a liña litoral. Unha data que coincide co propio relevo no Goberno e unha longa liorta parlamentaria e mediática ao respecto desta lexislación entre as formacións do goberno saínte, PsdeG e BNG, e a nova maioría absoluta parlamentaria do PPdeG.

Na situación actual, a conselleira de Política Territorial, María Xosé Caride, achegou este luns un balance do traballo realizado ao respecto polos técnicos da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo. Segundo a avaliación do equipo saínte, recoméndase "unha suspensión cautelar selectiva" nesa franxa costeira que, polo miúdo, implicaría manter o 80% da protección actual, é dicir, un total de 35,7 millóns de metros cadrados vetados á construción, quedando excluídos da suspensión os municipios que xa adaptaron os seus plans xerais urbanísticos, PXOM, á legalidade vixente.

Criterios "exhaustivos" para manter a suspensión

"Detállase, con nomes e apelidos, cada ámbito afectado de cada concello de Galiza", defendeu a conselleira ao respecto do informe que o novo equipo da consellaría atopará enriba da mesa á hora de decidir ao respecto.

Así, debullou María Xosé Caride entre outros o estabelecemento dos espazos de especial protección natural e dos ámbitos que "estean en contacto ou formando parte de ditos espazos"; o interese xeomorfolóxico (marismas, cantís, dunas, etc.), definido coa axuda da Cátedra de Xeografía Física da Universidade de Santiago de Compostela e a existencia de fitos paisaxísticos, "recoñecíbeis, descritos toponimicamente e moi visuais que forman parte do patrimonio" de todos os cidadáns. A "cautela" tamén inclúe pendentes superiores ao 15%, servidume de protección de costas e solos urbanizábeis "illados e sen continuidade coa trama urbana".

As excepcións a estes criterios: construcións xa executadas, cando a superficie do ámbito de solo afectado sexa moi pequena ou que sexa un solo urbano non consolidado pero integrado na rede urbana.

O PP chega con promesa de só "control puntual"
A acusación de "criminalización" do sector inmobiliario foi un dos argumentos usados durante a anterior lexislatura polo PP para atacar as normas impulsadas polo pacto de socialistas e nacionalistas ao respecto da protección costeira. O propio líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijoo, rexeitou no seu momento a existencia de "crecemento desordenado" no litoral do país, tal e como avaliaban desde a Xunta.

Á agora presidente do Parlamento, Pilar Rojo, tocoulle no seu papel de voceira en materia de Vivenda, criticar na Cámara a prohibición estabelecida para os 500 metros desde a liña do litoral. Entre outros reproches, agoiraba Rojo que a limitación para a construción fomentaría o "incremento de prezos". Deste modo, maniféstanse desde o PP a prol do control dos casos "puntuais" de irregularidades que se detecten, advertindo contra a "criminalización" que consideran que promoveu o bipartito.

En base a esas acusacións, os populares levaron no programa electoral co que agora acceden ao Goberno un proxecto para o litoral que parte da consideración da política do bipartito como un conxunto de "actuacións illadas e arbitrarias". Afirman desde o PP que en 2005 deixaron xa en redacción un Plan do Litoral e que serán capaces de aprobalo, xunto coas Directrices de Ordenación do Territorio, en só seis meses desde a toma de posesión de Feijoo a partir desta semana.

Link: VIONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


"Prórroga parcial ou control puntual?" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.33 Segundos