Gustaríanos informarlles que o grupo Acampada ETSAC, formado por estudantes
universitarios da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña, prosigue
coas convocatorias de encerros nocturnos na ETSAC para continuar co movemento de
protesta contra as políticas de recortes, en especial as acadadas no eido do
ensino.
No anterior encerro convocábamos a toda a comunidade da UDC coa intención
de vencellar lazos entre os diferentes centros para lograr o obxectivo dunha
mobilización conxunta na UDC. Xorde desta proposta outro encerro a mesma noite
na facultade de Dereito e esperamos que nas próximas convocatorias se
incrementen as mobilizaciones dentro da nosa universidade.
Tras o éxito das
convocatorias das anteriores quendas de reivindicación do ensino público na que
participaron ata 70 universitarios da UDC, facemos un novo chamamento á
protesta. Nesta ocasión programouse ás 17 horas un debate sobre o novo plan de
estudos e a súa posible reforma na nosa escola, debatendo sobre os problemas que
poideron xurdir dende a implantación do plan; incluíndo o funcionamento dos
talleres, a coordinación do profesorado, os problemas coa matricula ou a
utilidade do Plan de Acción Titorial. Incluímos no noso programa unha asamblea
ás 19h para debatir acerca das polémicas modificacións de competencias en
diversos sectores profesionais, centrándonos na arquitectura neste caso, que se
plantexan no borrador do anteproxecto de lei da LSP (Lei de Servizos
Profesionais). Nesta asamblea estarán presentes representantes da dirección do
centro, do Colexio de Arquitectos de Galicia, da Asociación de Xóvenes
Arquitectos de Galicia e do alumnado da ETSAC. Tratarase de atopar una postura
común e medidas de defensa da profesión.
Como peche das actividades proponse aos candidatos a representantes de
alumnos que expoñan as súas ideas de cara ás eleccións do 5 de febreiro e un
posterior debate co resto do alumnado sobre a organización da delegación de
alumnos. Convidamos a calquera medio a pasar a noite con nós e acompañarnos.
Acampada ETSAC é un movemento estudantil composto por compañeiros universitarios
unidos, a participación é libre e a título individual, sen representacións de
organizacións estudantís e inclinación política. Así mesmo, Acampada ETSAC forma
parte da asamblea aberta de estudantes “UDC en Loita” comprendendo que a unión
de tódolos colectivos con un propósito común é precisa e favorable
Link: A ETSAC