|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 1 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| Concello de Cedeira - Ciclo “Comediatrium” |
O concelleiro de Cultura, Luis Rubido, avanzou esta mañá as propostas
culturais do Concello para os próximos tres meses. Neste senso, o edil
destacou a aposta decidida polo teatro afeccionado coa programación do
ciclo “Comediatrium”. Todas as obras están pensadas para nenos e adultos
e se representarán todos os sábados ás 20 horas no Auditorio Municipal
da vila, con entradas ao prezo único de 2,5 euros.
O próximo sábado, 26 de xaneiro, o Grupo
Axóuxere traerá á vila a súa obra “A rúa do inferno”. Un traballo
protagonizado por tres mulleres, caixeiras de supermercado, no que un
concurso de sevillanas provocaralles conflictos e situación
divertidísimas. A mesma compañía, creada en Oleiros no ano 2008,
regresará en marzo, o día 9, con outra das súas representacións: “A túa
tenrura Molotov”. Nela, unha parella de éxito, el avogado ela
presentadora, reciben un paquete do extranxeiro que vai cambiar
radicalmente as súas vidas. É unha comedia sobre os prexuízos e a doble
moral. Pero previamente, o 2 de febreiro, Teatro do Asteleiro do Grupo
Bazán ofrecerá ao público “Oé, oé, oé”, unha peza pensada para un
público de máis de 12 anos. Unha reflexión cargada de humor sobre a
actualidade a través do fútbol. Marián Rei é a directora artística e
conta cun elenco integrado por Martín P. Ulfe, Alberto Suárez e Lan
Couce. O sábado 16 de febreiro tomará o relevo Manicómicos co seu
particular Cabaret. Un espectáculo de creación e dirección colectiva
froito do traballo desenvolvido durante os últimos anos por diferentes
artistas de diferentes disciplinas (novo circo, clown, cabaré, mimo,
teatro xestual, improvisación) artellado como unha sucesión dos mellores
sketches en clave de humor en formato gala con presentador, co único
obxetivo de facer rir ao espectador ante a variedade de estímulos que
vai recibir. O ciclo continuará o 2 de marzo con “As feas tamén se
casan” a cargo do Grupo de Teatro da SCR A Pombiña. Escrita por Betty
Couce e interpretada pola propia autora, Ramiro Fernández, Rosa Couce,
Puri Mira, María Xosé Couce, Carlos Lombao, Pablo Lombao, Fernando
Romero e Faustino López. A peza narra a historia das xemelgas Felisa e
Marisa que, cando teñen 39 anos, descobren que para ser beneficiarias do
testamento do seu pai teñen que cumplir unha condición: estar casadas o
día que cumplan os 40. E, por iso, farán todo o posible para casar.
Pechando a programación do trimestre o 16 de marzo, unha compañía local:
Valverde Teatro. Representarán “O Anel Máxico”, un relato escrito por
Goldoni a partires dun Canovaccio da Commedia dell-'arte italiana. É
unha comedia de enredo que comeza cunha desesperación de arleín que cre
que a súa muller lle é infiel. Quere tirarse a un río e morrer, pero un
vello dalle outra solución: un anel que fai olvidar as penas.
Link: Concello de Cedeira
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 0 votos: 0
| |
Opciones | |
|
Tópicos Asociados
|
|
"Concello de Cedeira - Ciclo “Comediatrium”" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|