|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 2 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| Concello de Cedeira - Novo Centro de Saúde ???? |
A Xunta de Galicia non especifica no borrador dos orzamentos de 2013 a
partida correspondente para a construción dun novo centro de saúde en
Cedeira. Un proxecto para o que o Goberno de España consignou o pasado
mes de xuño 2,5 millóns de euros -o convenio para o Desenvolvemento
Rural rubricouse en mayo- a sufragar ao 50% entre o Ministerio de
Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente e a administración
autonómica, durante un período de cinco anos.
Trátase dun proxecto sufragado a partes iguais entre
o Estado e a administración galega
No documento económico presentado pola Xunta de Galicia non se recolle
capítulo algún a este proxecto que supoñería o incremento das novas
dependencias e servizos para os veciños da vila.
Desidia
O grupo do PSOE de Cedeira achaca este "abandono" da Xunta á "desidia"
do actual goberno de Cedeira. Sinalan que foron os populares os que
deixaron "durmir non sono dous xustos este impresionante proxecto que
incorporaba novos servizos como os de rehabilitación e fisioterapia"
dos que carecen as actuais instalacións.
Insisten en que "coa desculpa de buscar unha ubicación distinta á
proporcionada polo anterior goberno socialista -propoñían trasladalo ao
lugar de O Beco-, o alcalde Leopoldo Rubido escondía as poucas ganas
de facer realidade este proxecto", que, como recordan, foi xestionado
durante o mandato de José Luís Vergara. Sinalan que a "displicencia"
ante esta proposta podería traer como consecuencia o abandono da mesma
por parte das autoridades galegas.
LinK: DFONLine
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 5 votos: 3
| |
Opciones | |
|
Tópicos Asociados
|
|
"Concello de Cedeira - Novo Centro de Saúde ????" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|