 |
Menú |  |
Online |  |
Actualmente hay 6 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información |  |
|  |
 | Concello de Cedeira - ITV Móbil |
A partires do próximo ano, os veciños e veciñas de Cedeira xa non terán
que desprazarse ata Ferrol para realizar as revisións periódicas dos
seus vehículos na ITV. E é que o Concello solicitaba á institución a
posibilidade de que desplazase unha unidade móbil para facilitar as
inspeccións na propia vila. Unha medida que esta semana confirmou o
organismo ao departamento municipal de Servizos. Deste modo, a ITV
mobilizará unha das súas unidades en tres datas concretas do calendario:
os meses de xaneiro, abril e setembro.
Esa unidade móbil ubicaráse no
Camiño Real da Magdalena, frente aos restaurantes de A Revolta e O
Areal. Un espazo de fácil acceso e gran mobilidade ubicado en pleno
paseo marítimo da vila. Os vehículos que poderán beneficiarse da medida
serán tanto os lixeiros como cuadriciclos. Isto é, turismos, quads e
coches que non precisan carnet para a súa conducción. Precisamente, a
medida será especialmente ventaxosa para estes últimos. Por último, o
Concello explica que nas próximas semanas informará do trámite a
realizar para solicitar cita para este novo servizo na localidade.
Link: Concello de Cedeira
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados |  |
Votos del Artículo |  |
Puntuación Promedio: 5 votos: 1

| |
Opciones |  |
|
Tópicos Asociados
 |
|
"Concello de Cedeira - ITV Móbil" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
| 
|