|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 52 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| A voltas có "Sempre Máis" |
Anonimo escribió " A voltas có "Sempre Máis" A día de hoxe ( Día de Santos , ou de Defuntos ) segue a chegar máis chapapote á Praia da Magdalena de Cedeira. Onte, día 31, a cantidade que había era suficiente para que os responsables ( sexa Confraría ou Concello) tomaran as medidas oportunas para solucionar o problema, pero hoxe día 1 de Novembro a cantidade era tal, que superaría no dobre á do día anterior. Alí atopei a un ex-mariñeiro e armador, comentamos o feito e a opinión de él ( non dou o seu nome por non estar autorizado), foi que o chapapote que alí había era aínda do Prestige, e que estaba depositado no fondo da Ría e se soltaba cada vez que había mar de fondo. Esta foi unha das opinións que eu dín no primeiro artigo-denuncia, que xa fixen e saíra no Olláparo na data 21 de Outubro. Penso que tanto a Confraría como o Concello non se enteran de nada ou non lles interesa, e por iso non me vai quedar outra que poñer unha denuncia nos organismos pertinentes, que serán as Consellerías de Pesca e Marisqueo e á de Medio Ambiente. Dende o meu punto de vista, o primeiro que hai que facer é comprobar con mergulladores, a cantidade que hai e logo sacalo cos medios necesarios. Supoño que a famosa "Reserva Mariña" que tanto nos venderon como futuro da pesca en Cedeira, xa estará afectada como tamén as zonas de marisqueo. Por suposto como sempre, aporto fotografías que confirman o que digo Cedeira, 1 De Novembro 2012 Gelo do Moure
Link: GdoM - Ollaparo (+ info ) "
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 5 votos: 1
| |
Opciones | |
|
"A voltas có "Sempre Máis"" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|