NOVO Centro de Saúde Sí !!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 79 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Ordes de medidas urxentes

PHP-NukeO Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe as ordes de axudas para a reparación dos danos causados polo temporal acaecido en Galicia a partir do 23 de xaneiro, que desenvolven o decreto de medidas urxentes aprobado polo Consello da Xunta do pasado xoves, día 29 de xaneiro. Deste xeito, o Diario Oficial de Galicia recolle as ordes dos distintos departamentos autonómicos para paliar os danos ocasionados polo fenómeno meteorolóxico adverso que sufriu a comunidade galega: a orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, para a concesión de axudas destinadas a sufragar os gastos extraordinarios en que incorresen as entidades locais como consecuencia directa do temporal; a orde da Consellería de Economía e Facenda, de medidas urxentes para reparación dos danos persoais causados; dúas ordes da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, para compensar os danos sufridos en establecementos comerciais, mercantís, industriais, turísticos e deportivos, situados en instalacións portuarias de titularidade autonómica, e para a reparación dos danos causados polo temporal que afectasen á rede de estradas locais e os seus elementos funcionais e auxiliares de titularidade pública; unha orde da Consellería de Innovación e Industria, de axudas para os establecementos comerciais, industriais, turísticos e mercantís e nas infraestruturas enerxéticas e turísticas de titularidades municipal; a orde da Consellería do Medio Rural para a reparación dos danos causados polo temporal nas explotacións agrícolas e gandeiras; a orde de axudas da Consellería de Cultura e Deporte para compensar os danos sufridos en instalacións deportivas de titularidade pública; e a orde da Consellería de Vivenda e Solo para sufragar os danos causados en vivendas e instalacións.

Axudas da Consellería de Presidencia por valor de 1 millón de euros
Deste xeito, a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza concederá axudas por importe de 1.000.000 de euros para sufragar os gastos extraordinarios en que incorresen as entidades locais como consecuencia do temporal acaecido en Galicia a partir do 23 de xaneiro. Segundo recolle o texto, a natureza destas axudas terá carácter subsidiario respecto de calquera outro sistema de cobertura de danos, público ou privado, estatal ou internacional, do que poidan ser beneficiarios os afectados. Non obstante, cando estes sistemas non cubran a totalidade dos danos producidos, as indemnizacións previstas no texto concederanse con carácter complementario e serán compatibles en concorrencia con outras subvencións, ingresos ou recursos ata o límite do valor do dano producido. Serán subvencionables ata o 100% os gastos extraordinarios derivados de actuacións inaprazables na situación de emerxencia -levados a cabo no mesmo tempo de se producir esta ou nos inmediatamente posteriores á súa finalización- que teñan por obxecto o funcionamento dos servizos públicos esenciais e imprescindibles para garantir a vida e a seguridade das persoas e sexan levadas a cabo con medios materiais propios ou alleos tales como vehículos, maquinaria ou ferramentas. Quedarán excluídas as infraestruturas de xeración, transporte e distribución de enerxía eléctrica. Para acreditar a realización de tales gastos, os concellos interesados teñen que entregar unha solicitude segundo o modelo que aparece no DOG de hoxe acompañada da seguinte do*****entación: memoria breve dos danos ocasionados, certificación da entidade bancaria acreditando a titularidade da conta, certificación de intervención e unha declaración conxunta de todas as axudas solicitadas para o mesmo proxecto. As solicitudes poderán entregarse no prazo dun mes nas oficinas da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, así como nos lugares previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e no decreto que determina e regula as oficinas de rexistro propias ou concertadas de Galicia, crea o Rexistro Telemático da Xunta de Galicia e regula a atención ao cidadán. As axudas que se outorguen integraranse no Rexistro de Axudas e Subvencións -que será de acceso público- e publicarase, de acordo coa Lei de Transparencia e Boas Prácticas na Administración pública galega, na páxina web oficial da Consellería de Presidencia. Axudas por danos persoais
Por outra banda, a orde da Consellería de Economía e Facenda recolle as axudas previstas para os danos persoais causados polo temporal acaecido na comunidade, ben sexa falecemento, incapacidade absoluta permanente ou lesións que causasen hospitalización da persoa ferida. Deste xeito, as contías das axudas oscilan desde os 18.000 euros, para os casos de falecemento ou de incapacidade permanente absoluta, ata compensacións de entre 60 e 103 euros por día de hospitalización para os supostos de lesións que causasen hospitalización, incluíndose, en todo caso, os gastos de asistencia médica e hospitalización, así como outros danos persoais que se acrediten. 4,1 millóns de euros para instalacións portuarias e estradas locais
Pola súa banda, a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes vén de convocar dúas ordes de axudas que suman un total de 4,1 millóns destinadas a arranxar os danos provocados polo temporal dos pasados días 23 e 24 de xaneiro en instalacións portuarias e estradas de ámbito local. Estas axudas van dirixidas a particulares e concellos, que dispoñen dun mes de prazo para tramitar as correspondentes solicitudes. Tal como publica hoxe o Diario Oficial de Galicia, a CPTOPT –a través do ente público Portos de Galicia- habilita unha contía de 600.000 euros para particulares co fin de reparar os danos provocados polo temporal nos establecementos comerciais, mercantís, industriais, turísticos e deportivos situados en instalacións portuarias de titularidade autonómica. Esta contía cubrirá os estragos ocasionados nas súas edificacións, instalacións, equipamentos, maquinaria, mercadorías depositadas nos almacéns, así coma nos vehículos comerciais ou industriais que se viran afectados. Así mesmo, Política Territorial publica unha segunda liña de axudas, dotada con 3,5 millóns de euros, destinadas aos concellos, co obxecto de reparar os danos causados polo temporal en estradas municipais, así coma nos seus elementos auxiliares que estean dentro da zona de titularidade pública. Axudas da Consellería de Innovación e Industria
Pola súa banda, a Consellería de Innovación e Industria tamén dispón dunha liña de axudas para a reparación dos danos provocados polo temporal nos establecementos comerciais, industriais, turísticos e mercantís do país, así como nas infraestruturas enerxéticas e turísticas de titularidade municipal. O importe global destas axudas, convocadas hoxe no DOG, acada os 3,8 millóns de euros, sen prexuízo de ulteriores variacións que se puideran producir como consecuencia dunha maior dispoñibilidade orzamentaria. Para os efectos dos danos en empresas, consideraranse aqueles causados nas súas edificacións, instalacións e maquinaria, nas mercadorías depositadas nos locais así como nos vehículos comerciais ou industriais afectos a estas actividades. Con respecto aos Concellos, as axudas de Innovación e Industria destínanse á reparación de infraestruturas enerxéticas e turísticas que resultasen danadas e sexan de titularidade municipal. Quedan excluídas desta convocatoria as actividades de xeración, transporte e distribución de enerxía eléctrica. A concesión das axudas terá carácter subsidiario e complementario respecto de calquera outro sistema de cobertura de danos, público ou privado, estatal ou internacional, do que poidan ser beneficiarios os afectados. Non obstante, cando os citados sistemas non cubran a totalidade dos danos producidos, as axudas previstas na orde de Innovación e Industria serán compatibles en concorrencia con outras subvencións, indemnizacións, axudas ou ingresos até o límite do valor do dano producido. Danos en instalacións deportivas
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica tamén a orde pola que se regula a concesión de axudas a concellos de Galicia para compensar os danos sufridos en instalacións deportivas de titularidade pública polos efectos do temporal. Non obstante, para casos excepcionais en que se acrediten razóns de interese público, social, económico ou humanitario, ou outras debidamente xustificadas que poderán estar referidas á magnitude ou natureza da actuación, poderán outorgarse axudas en réxime de concesión directa coa sinatura, de ser o caso, dos oportunos convenios. Poderá ser obxecto destas axudas o financiamento das actuacións que vaian realizar os concellos para paliar os danos antes citados e que teñan por finalidade a reparación de elementos estruturais, cubertas ou elementos de seguridade, a reparación dos danos producidos na estrutura ou a reposición de elementos de instalacións deportivas de titularidade municipal. Considéranse excluídas, por razón da contía, aquelas reparacións de carácter menor que supoñan un custo total inferior aos 12.000 € por instalación. Os concellos interesados deberán presentar, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde, no rexistro da Dirección Xeral para o Deporte da Consellería de Cultura e Deporte, ou mediante calquera das formas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, unha solicitude acompañada da do*****entación que a continuación se relaciona: a) Memoria valorada subscrita por un técnico municipal competente que inclúa os seguintes datos:
a.1. Identificación dos danos producidos e das necesidades de reparación.
a.2. Fotografías acreditativas dos danos.
a.3. Planos de localización das instalacións afectadas.
a.4. Orzamento detallado dos custos das reparacións. b) Certificación subscrita por un técnico municipal competente que acredite a titularidade municipal da instalación deportiva para a que se pide a subvención. c) Certificación subscrita por un técnico municipal competente na que se especifiquen os sistemas de cobertura de danos, públicos ou privados, que afecten as instalacións para as que se solicita a subvención con indicación da contía das indemnizacións, ingresos ou recursos obtidos a través de tales sistemas. d) Declaración de conxunto de todas as solicitudes de subvención efectuadas ou concedidas para un mesmo proxecto ou actividade ante as administracións públicas competentes ou outros entes públicos ou privados. e) Declaración responsable de non estar incurso en ningunha das prohibicións para a obtención da subvención recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A presentación da solicitude implica o compromiso de someterse ás normas reguladoras da subvención establecidas nesta orde. Así mesmo, os beneficiarios das axudas deberán xustificar a realización das accións subvencionadas antes do día 1 de outubro do ano 2009. O in*****primento do prazo de xustificación poderá dar lugar á perda do dereito a percibir a axuda outorgada. 500.000 euros de axuda ás vivendas
Pola súa banda, a Consellería de Vivenda e Solo destina 500.000 € para financiar a liña de axudas habilitada para os propietarios, usufrutuarios ou arrendatarios de vivendas que sufrisen danos relacionados co temporal acaecido o 23 de xaneiro. Estas axudas poden solicitarse ata o 4 de marzo nas delegacións provinciais da Consellería. Para os danos causados nunha vivenda que é residencia habitual e permanente, este Departamento autonómico recolle unha axuda para cubrir o 100% do valor de reparación ou reposición do inmoble danado, sen que en ningún caso o importe da axuda poida exceder o prezo máximo de venda dunha vivenda protexida de prezo xeral na mesma localidade. Para danos causados no resto das vivendas, a axuda cubre ata o 40% do valor de reparación ou reposición do inmoble danado, e o importe da axuda terá como límite o 40% do prezo máximo de venda dunha vivenda protexida de prezo xeral na mesma localidade. Esta liña de axudas para cubrir os danos do temporal tamén inclúe instalacións complementarias ás vivendas e equipamentos de apoio á economía e vida familiar: pozos, hórreos, alpendres, invernadoiros para autoconsumo, instalacións eléctricas, de iluminación e telecomunicacións, etc, que estean situados no mesmo predio da vivenda. Tamén inclúe o cerramento do predio no que está a vivenda. Nestes casos o importe máximo da axuda é de 3.000 €. Quedan expresamente excluído da axuda o enxoval doméstico: mobiliario, electrodomésticos, roupa e utensilios de cociña. Link: XONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


"Ordes de medidas urxentes" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.36 Segundos