NOVO Centro de Saúde Sí !!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 70 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA

PHP-Nuke“A TODO CERDO LE LLEGA SU SAN MARTÍN”, unha concelleira do PP amenaza ao voceiro do grupo municipal do PsdeG-PSOE

Na sesión ordinaria do Pleno do Concello de Cedeira, celebrada o 26 de setembro, no punto no que se discutía a proposta do grupo socialista para eliminar as indemnizacións por asistencia a comisións, plenos e xuntas de goberno, a concelleira popular, Almudena Molina Pérez, tomou a palabra para ofender ao público asistente que, en sinal de protesta, abandonou o salón para incorporarse no seguinte punto, e proferir amenazas contra o portavoz socialista, José Luis Vergara Rey.

A mencionada concelleira nada contrapuxo ás queixas socialistas polas denuncias referentes ao despilfarro dos concelleiros populares ao embolsarse  66.000 das antiguas pesetas do erario público cedeirés por asistir a dúas sesións da xunta de goberno que duraron once e dez minutos respectivamente.

O seu ataque foi frontal e persoal contra Vergara, sinalando unha pequena mesa do salón de plenos na que o alcalde ten presidindo un crucifixo, díxolle que o iba colocar nun altar coma o que alí había (un cristo crucificado) e que a “todo cerdo le llega su San Martin”.

O alcalde-presidente nada obxetou, tendo que ser o propio portavoz socialista quen protestara ante as amenazas vertidas pola representante popular, ao mesmo tempo que preguntaba si o que se lle ofrecía era o mesmo que no San Martiño se lle dá ao pobre animal.

O Grupo Socialista vai solicitar do Concello unha copia do audio gravado pola secretaría para realizar a acta, toda vez que tales expresións exceden con moito a necesaria libertade de expresión que debe preservarse no debate político.

O caldo non está para estes bolos.

Os terribles acontecementos ocurridos este agosto no Concello de Cedeira circunscríbense nun ambiente de impunidade que propicia todo tipo de excesos. Amenazar cun San Martiño a un Concelleiro ten unha lectura nada prometedora.

Si os partidos políticos e o resto de institucións miran para outro lado convértense en cómplices da situación de impunidade que sofre o noso municipio.

A Concelleira ten que sair de inmediato a retirar as súas palabras e o Partido Popular ten que desautorizala.

Si permitimos que cada cidadán tome a xusticia pola súa man, nada bo pode augurarse do noso futuro.

A Agrupación Socialista de Cedeira é consciente de que está exercendo unha oposición todo o dura e sistemática da que somos capaces, pero facémolo desde a lealtade ás regras de xogo, aos procedementos e ás institucións democráticas polas que tanto loitamos.

Sentímonos con esa obligación e temos dereitos aos que non pensamos renunciar por moito que se nos pisotee.

Quen teña poder para facelo, non debera permitir que ningún cidadán amenace a outro de ningunha das maneiras e menos, citando ao San Martiño. Xa está ben de meterlle medo á xente.

En Cedeira a 26 de setembro de 2012

P.D. Sobra dicir que na votación o Partido Popular rexeitou cos seus sete votos a proposta socialista de que renunciar ás indemnizacións vergonzantes da Patrona (As Xuntas de Goberno foron o 14 e 22 de agosto) e se eliminasen a partir de agora todas as indemnizacións por asistencia a plenos (un cada dous meses a razón de 60€) a Comisións (unha ou dúas cada dous meses a razón de 60€ cada unha) e a Xunta de Goberno (catro ao mes a razón de 196 € cada unha).

Link: Agrupación Socialista de Cedeira



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 5
votos: 6


Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.34 Segundos