NOVO Centro de Saúde Sí !!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 56 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Centro de Estudos Financeiros

PHP-NukeO Concello de Cedeira iniciou os trámites para instalar un Centro de Estudos Financeiros no casco antigo da vila. Así o anunciou onte o concelleiro de Desenvolvemento Local, Luís Rubido, quen avanzou que se atopa en conversacións cunha firma privada interesada en ofrecer este tipo de ensino con proxección exterior na localidade.


Rubido indicou que se trata dun proxecto auspiciado por unha empresa madrileña con experiencia no sector. No centro impartiríanse accións formativas de curta duración para grupos reducidos e especializados no mundo das finanzas e iniciativas a favor do empredimiento. A proposta nace co afán de converterse nunha referencia no ámbito autonómico e satisfacer a demanda deste tipo de formación na comunidade galega.
O responsable municipal adiantou que o centro situaríase na rúa Real, en dous inmobles actualmente en avanzado estado de deterioración e que recentemente foron adquiridos pola firma promotora para a súa rehabilitación integral. Neste sentido, o proxecto leva implícita unha aposta pola protección do patrimonio local, xa que permitirá recuperar dous edificios do barrio histórico, e suporá un revulsivo para a actividade comercial na zona. A este respecto, Rubido explicou que, dada a proxección exterior do negocio, o Centro de Estudos Financeiros constituiría en si mesmo un factor co que desestacionalizar o turismo na zona vella da vila, xa que favorecería estancias curtas de futuros estudantes ao longo de todo o ano.

Subvencións

A empresa xa presentou o proxecto á asociación Costa Noroeste co obxecto de optar á liña de subvencións que mantén aberta a entidade social, tal e como indicou o propio concelleiro de Desenvolvemento Local de Cedeira.
Luís Rubido mostrouse convencido das positivas repercusións que terá o negocio na vila, xa que a experiencia e bo facer noutros puntos do territorio nacional avalan á empresa promotora.
Neste sentido, o edil destacou o seu carácter innovador no campo da formación, xa que actualmente imparte este tipo de ensinos en establecementos de turismo rural.

Link: DFONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 5
votos: 1


Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"Centro de Estudos Financeiros" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.29 Segundos