|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 66 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| Una marianista na RTVE ?? |
"Eu creo que non hai nada. Comigo non falou ninguén". Bieito Rubido,
director do diario ABC, responde así a Xornalista Dixital cando se lle
consulta se a contorna de Mariano Rajoy sondoulle como presidente de
RTVE. Como os grandes xogadores a piques de fichar por un grande, Rubido
despexa balóns fóra coa tranquilidade dun veterano que nisto do
xornalismo foino todo.
A aterraxe do ex director de La Voz de Galicia na Corporación, de
producirse, non debería sorprender a ninguén. De todos os presidenciais,
o xornalista de Cedeira é o único que pode presumir de pertencer ao
círculo íntimo de Mariano Rajoy, onde compartiu amizade con outro amigo
en común, Paco Villar, a discreta man dereita do presidente que faleceu
en 2011.
O mundo audiovisual non lle é alleo xa que conselleiro delegado da
produtora galega Portocabo TV, contratista da Televisión Galega con
programas como 'Galegos non mundo', 'Descanse en paz' e 'Heroes do mar'.
© 2012 - PD
Rubido tamén mantén boa relación con outro referente galego da
comunicación audiovisual, o ex director da Compañía de Radio Televisión
de Galicia (CRTVG), Francisco Campos, quen é partidario de introducir un
canon ao usuario da televisión pública do estilo dos que existen na
maioría de países europeos.
Pero o cedeirense insiste a PD que non se ve en Prado del Rey: "Eu
espero xubilarme en ABC", sentenza con rotundidade nada galaica pero
galante. Como di un colega que lle coñece ben, "a este galego bástalle
con mollarse o dedo para saber en que dirección sopra o vento". Os
ventos tempestuosos que están desvastando RTVE parecen non porlle
nervioso.
Link: PDONLine
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 3 votos: 2
| |
Opciones | |
|
Tópicos Asociados
|
|
"Una marianista na RTVE ??" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|