NOVO Centro de Saúde Sí !!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 39 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Moción viveiro de empresas presentada no último pleno

PHP-Nuke

CONCELLO  DE CEDEIRA

GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA


José Luis Vergara Rey
ASUNTO     PLENO ORDINARIO 28 DE MARZO DE 2012Reiteración da moción presentada no Pleno Ordinario de Xaneiro

COPIA LITERAL DA MOCIÓN PRESENTADA O 23 DE XANEIRO DE 2012

O 18 de outubro do 2011 a Alcaldía renuncia á subvención concedida polo Ministerio de Industria do Goberno de España para a realización do proxecto “Centro Municipal de Empresas”, o que, de maneira coloquial, denominabamos niño ou viveiro de empresas.

O goberno que tivemos o honor de presidir impulsa este proxecto no ano 2009, consciente de que o Concello debe apoiar de forma proactiva a consolidación dun tecido empresarial sólido no noso municipio. Nace á sombra do Plan Ferrol que pretende revitalizar a economía das comarcas do Eume, Ferrol e Ortegal. O Plan Ferrol está detrás das axudas ás empresas que están a instalarse no Parque Empresarial de Cedeira. Coordina fondos europeos, estatais, e galegos, para por a disposición de iniciativas empresariais, finanzamento sen aval a interés cero con longos prazos de carencia e amortización, cando non a fondo perdido, como é o caso da subvención á que se acaba de renunciar.




Sentímonos na obriga de impulsar o viveiro de empresas de Cedeira, como no seu dia se fixo en As Pontes, porque:

    Poría a disposición dos emprendedores cedeireses estudios, oficinas, ou talleres con alquileres a baixo custo, toda vez que se aproveitarían as ventaxas dos sevicios comúns, limpeza, subministros, etc.
    Sería un complemento útil para as empresas instaladas no Parque Empresarial da Trabe.
    Axudaría a que os nosos emprendedores se quedasen no seu pobo. Sería un instrumento para a adquisición de experiencia que lle permitiría á mocidade afrontar as duras esixencias do mundo empresarial. Os principios son sempre os máis difíciles.
    Apoiaría á pequena e mediana empresa, xeradora do maior número de postos de traballo do noso pais. Trátase dun mecanismo de autoemprego que suavizaría a dura situación sociolaboral do noso Concello.
    Sería unha saída para a xuventude que sae cunha extraordinaria formación dos nosos centros educativos. A mocidade formada nas ramas profesionais do IES PUNTA CANDIEIRA é moi apreciada polo empresariado doutros polígonos indutriais. Aspirabamos a que moitos deles exercesen as súas profesións en Cedeira.

Na sesión de 26 de outubro de 2011, da Xunta de Goberno Local, no seu punto 6.3  RATIFICARON A RENUNCIA ÁS AXUDAS DE REINDUSTRIALIZACIÓN acordado polo Alcalde “Debido a la imposibilidad de hacer frente a la aportación municipal” que ascende a 60.250 €.

Desde o Grupo Socialista propoñemos a aprobación dunha moción de reprobación hacia esta resolución tomada polo actual Alcalde e pola súa Xunta de Goberno porque, fronte ás bondades do Viveiro de Empresas, resumidas máis arriba:

    Non dí verdade o Alcalde e con elo a súa Xunta de Goberno cando fala da “imposiblidade de facer frente á aportación municipal”. Basta con mirar o frívolo destino, neste momento de crise e paro, ao que adicarán os fondos que nos enviará a Deputación Provincial.
    A renuncia obedece, unha vez máis, a un espíritu sectario que vai contra os intereses da Institución e de toda Cedeira, porque, igual que fixo eliminando a cor do Palacete, prefiere destruir e despilfarrar os cartos dos contribuíntes, a que permanezan e cobren vida os proxectos que non lles pertencen, por fermosos e importantes que estes sexan.

De igual maneira ínstase ao Goberno Municipal de Cedeira a poñer cantos medios estean ao seu alcance para facer realidade este proxecto tan importante para o futuro dos nosos emprendedores

En Cedeira, a 26 de Marzo de 2012

Link: A.Socialista de Cedeira



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"Moción viveiro de empresas presentada no último pleno" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.19 Segundos