NOVO Centro de Saúde Sí !!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 53 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Viveiro de empresas na TRABE

PHP-NukeO Concello de Cedeira desestimou crear un viveiro de empresas no polígono industrial da Trabe, un proxecto herdado do goberno do socialista José Luís Vergara que finalmente non verá a luz. A decisión foi aprobada en pleno o pasado mes de decembro, en base a cuestións tanto financeiras como de utilidade das instalacións, segundo informou o portavoz do goberno local, Luís Rubido. "Non hai orzamento para facelo".

A subvención de 60.000 euros a fondo perdido concedida polo Ministerio de Industria, "só sería un 30% do custo total da infraestrutura", cuxa investimento cifrou en 200.000 euros, aproximadamente.
Ademais, aclarou que o proxecto foi descartado tamén pola pouca utilidade de infraestruturas deste estilo, tendo en conta que as novas empresas que se instalan no termo municipal "establecen as súas oficinas nas súas propias instalacións ou centros de traballo", puntualizou Rubido. "Os viveiros de empresas como institución están trasnoitados, non funcionan", alegou. Así mesmo, indicou que "de endebedarse o Concello, facelo con outros investimentos máis operativos", subliñou.
O viveiro de empresas no mencionado polígono da Trabe foi un proxecto xestado durante o anterior mandato do socialista José Luís Vergara, cuxo equipo de goberno xa o anunciase en 2007, á súa chegada ao Concello. A finalidade non era outra que a creación de empregos e evitar así a exportación de man de obra especializada.
O viveiro de empresas de Cedeira é un dos 42 proxectos beneficiarios das subvencións do programa de reindustrialización 2011 do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, tamén coñecidas como axudas "do Plan Ferrol", cuxa resolución saíu publicada o pasado mes de febreiro no BOE. Todo apunta a que o da vila cedeirense será un dos proxectos cuxos fondos serán reasignados a outras iniciativas que queden en lista de espera. Así, as comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal recibirán 51,34 millóns de euros en créditos a interese cero para proxectos xeradores de emprego e 1,44 millóns en subvencións a fondo perdido para iniciativas ligadas á mellora das instalacións da zona. En total, son 52.788.562 euros, case catro menos que os orzados inicialmente na convocatoria.
Nas lista de beneficiarios hai un total de 31 proxectos xeradores de emprego e outros once incluídos na categoría de infraestruturas, é dicir, naqueles nos que o investimento está destinada a mellora a competitividade do tecido produtivo do territorio, na súa maioría promovidas por concellos e outros órganos.

Link: DFONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


"Viveiro de empresas na TRABE" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.19 Segundos