|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 63 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| Protestas polo "acoso" da Xunta de Galicia |
Máis dunha decena de barcos da flota de Cedeira concentráronse onte no
porto da Coruña, xunto a outras embarcacións procedentes doutras
localidades galegas, en sinal de protesta polo "acoso" ao que indican,
estalles sometendo a Xunta de Galicia, en canto ás medidas de control
sobre as capturas refírese. "O regulamento de control e inspeccións que
está en vigor é o de Europa, pero o goberno de Feijóo o está a
restrinxir moito nos últimos meses", sinalou un dos afectados.
Tras a concentración de onte, hoxe terá lugar na lonxa coruñesa unha
reunión de delegados de asociacións de produtores e representantes de
distintos depósitos galegos para acordar unha posición a adoptar.
Sinalan que a Xunta está "matando á empresa pesqueira galega, obrigándoa
a marchar a outras comunidades autónomas", ante o pago de cotas como a
que deben abonar a Obras de Porto por descargar a mercancía nas radas, "sen prestar ningún servizo". "Non se trata simplemente duns problema de
cotas, senón que as vías de transporte non lles valen", indican os
afectados.
Link: DFONLine
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 5 votos: 1
| |
Opciones | |
|
Tópicos Asociados
|
|
"Protestas polo "acoso" da Xunta de Galicia" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|