AC566 Ferrol - Cedeira NOVO TRAZADO SI !!!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 51 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 COHEN - Por Vicente Araguas

PHP-NukeUn artigo de Vicente Araguas publicado no xornal Diario de Ferrol.
©2012 - Vicente Araguas - Diario de Ferrol


" Volve, con cáseque oitenta anos, Leonard Cohen, fabricar un disco de altísimo nivel. Non unha mera recriación de cousas vellas ou escola de manierismos. Cohen, xeneroso e artista, en contina procura de si mesmo, ven de poñer na rúa un asunto espléndido que se chama “Old Ideas”.

E no que só, ou acompañado de outros, Patrick Leonard, maiormente, de-senguedella un fedello máxico no que a súa voz, con murmurio de mar rouco, é fondo e tona para un mangado de cancións espectaculares. E digo isto consciente de que a discreción e aínda, o minimalismo é o que priman nesta entrega de Leonard Cohen.

Que non soamente non desmerece as anteriores senón que as complementa. Temas como “Going Home”, “Amen” ou “Lullaby” van ficar na historia do “rock”, entendendo este de maneira ampla, por máis que a súa fonte estea no “blues” purísimo que Cohen nado en Montreal (Canadá) en 1934, educado literariamente aos peitos de Lorca, segundo confesión propia, revitaliza a través dunha concepción tan sutil como posmoderna. Logo está que Leonard Cohen é poeta grande, de maneira que os seus textos (traducidos para a ocasión, con graza e libertade por Joaquín Sabina) teñan un seu aquel dramático, tenro, poderoso. Para o caso todo o mesmo. Volveu gravar Leonard Cohen, e os seus “fans” estamos de noraboa. Tamén todos os que anseian desfrutar da beleza. Moitos máis do que o ruido ambiental fai supoñer. Fáganse un favor, escoiten “Old Ideas”.

De Neda. "


Link: DFONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"COHEN - Por Vicente Araguas" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.20 Segundos