AC566 Ferrol - Cedeira NOVO TRAZADO SI !!!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 80 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Reserva mariña

PHP-NukeA sede da Confraría de Pescadores de Cedeira acolleu esta tarde a xuntanza de constitución do Órgano de Xestión, Seguimento e Control da Reserva Mariña de Interese Pesqueiro Ría de Cedeira, impulsada pola Consellería de Pesca e o pósito cedeirense en augas interiores da Comunidade Autónoma de Galicia. A reunión estivo presidida polo director xeral de Recursos Mariños, Antonio García Elorriaga, e tamén contou coa participación do patrón maior, Agustín Pérez Pernas. No encontro acordouse que o Órgano de Xestión, Seguimento e Control da reserva mariña Ría de Cedeira estará formado por catro representantes do sector pesqueiro (un designado pola Federación Galega de Confrarías e tres pertencentes ao pósito cedeirense) e catro integrantes en representación da Administración autonómica (un da Consellería de Medio Ambiente e tres da Consellería de Pesca).

Así mesmo, na xuntanza celebrada esta tarde abordáronse outras cuestións vencelladas á posta en marcha desta área protexida, cuxa andaina comezou o pasado 29 de xaneiro coa aprobación, por parte do Consello da Xunta, do decreto para a súa creación. Deste xeito, entre os temas tratados figuran a comunicación ao Instituto Hidrográfico de la Marina das coordenadas da reserva para a súa inclusión nas cartas mariñas; a necesidade de elaboración da orde de uso e xestión deste espazo protexido, que recibiu o visto bo do Órgano; e a súa adhesión á Red Iberoamericana de Reservas Marinas, dependente do Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino. Deste xeito, a reserva mariña de Cedeira segue os mesmos pasos que a de Lira en canto á participación na Red Iberoamericana de Reservas Marinas, o que lle permitirá cooperar no desenvolvemento e fortalecemento dos espazos mariños protexidos no marco dun crecemento pesqueiro sustentable das poboacións locais. Ademais, a súa inclusión neste organismo servirá para intercambiar permanentemente información sobre estas áreas co fin de mellorar a súa xestión, desenvolver proxectos comúns que promovan os vínculos entre as zonas integrantes da rede e transferir a experiencia e coñecemento adquiridos, entre outras actuacións. Reserva mariña
O Goberno galego aprobou o pasado 29 de xaneiro o decreto para a creación da Reserva Mariña de Interese Pesqueiro Ría de Cedeira, unha zona de especial interese para a preservación e rexeneración dos recursos mariños pola súa condición de área de reprodución, desova, cría ou engorda de especies pesqueiras ou marisqueiras. Coa posta en marcha deste área, a segunda de Galicia, dase continuidade á aposta do Goberno galego por este modelo de xestión, iniciado en 2007 coa Reserva Mariña de Lira e baseado no respecto ao medio ambiente, o desenvolvemento sustentable e o principio de corresponsabilidade sector-administración na explotación dos recursos. Os fins perseguidos por Pesca e a confraría de Cedeira con esta iniciativa, que segue a liña dos obxectivos definidos polo Fondo Europeo da Pesca, son, entre outros, conservar e protexer a flora e a fauna mariñas e a súa diversidade; fomentar a sensibilización ambiental sobre o medio mariño; facilitar a rexeneración dos recursos; e impulsar a pesca artesanal e o marisqueo. Ademais, quérese favorecer a realización de estudos científicos sobre as distintas especies, así como medidas de protección e xestión das pesquerías; divulgar os valores ambientais da costa galega; e posibilitar o desenvolvemento e aplicación de modelos de xestión coa participación dos profesionais do mar. A área de interese pesqueiro da reserva mariña Ría de Cedeira recolle dúas zonas de especial protección (a ZEP I-Vilarrube e a ZEP II-Boca da ría) e a reserva integral de Esteiro. As actividades permitidas dentro da reserva mariña e por fóra das zonas especiais son a pesca marítima profesional coas artes e aparellos tradicionalmente empregados na zona (anzois, nasas e enmalle); a recollida de ourizo, percebe, navalla e longueirón ou outros recursos específicos incluídos no Plan de Xestión Integral que se porá en marcha; o marisqueo a pé e a recolla de algas; e a recolección de mexilla que só se poderá levar a cabo mediante acordo entre as confrarías de pescadores do ámbito da reserva e os concesionarios de bateas ou liñas de cultivo. Así mesmo, será posible facer mostraxes da flora e a fauna mariñas con fins científicos ou de seguimento da reserva; a pesca marítima de recreo en superficie; e o mergullo de lecer nas condicións regulamentariamente establecidas. Pola súa banda, na reserva integral de Esteiro estarán prohibidas a pesca marítima, a extracción de fauna e flora e as actividades subacuáticas, coa excepción das actividades e toma de mostras autorizadas expresamente con fins científicos ou de seguimento. Ademais, nas dúas zonas de especial protección poderase practicar a pesca con artes de enmalle nas modalidades tradicionalmente empregadas, mentres que na ZEP II-Boca da ría tamén estará permitida a extracción de percebe e o mergullo de lecer. Nestas dúas áreas tamén será posible levar a cabo tomas de mostras con permiso.
Link: XONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


"Reserva mariña" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.21 Segundos