Solicitada neste concello por Manuel
Parente Noya, en representación de Ortegal Laboratory, S.L., licenza
municipal para a actividade de fabricación de dispositivos
cardiovasculares no parque empresarial da Trabe (parcelas 41-42),
Cedeira, o expediente de licenza da dita actividade está en tramitación.
En cumprimento co artigo 8.3 do Decreto
133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia
ambiental, procédese a abrir o período de información pública por un
plazo de 20 días hábiles desde a publicación deste anuncio no DOG, no
BOP e no taboleiro de anuncios do concello, para que quen se vexa
afectado de algún xeito pola actividade presente as alegacións que
considere pertinentes.
De conformidade co artigo 59.5 da Lei
30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións
públicas e do procedemento administrativo común, por medio deste anuncio
comunícaselles aos interesados aos cales non sexa posible notificar
persoalmente ou cando se ignore o lugar de notificación, que están
notificados para todos os efectos, e advírteselles do prazo de 20 días
hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste
anuncio, para alegar o que consideren oportuno.
O expediente obxecto desta información
poderase examinar no Servizo de Urbanismo e Arquitectura deste concello,
das 9.00 ás 14.00 horas.
Cedeira, 30 de novembro de 2011.
Alfredo Vilela Santalla
Alcalde accidental