|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 31 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| INFORMACIÓN Á CIDADANÍA . A. Socialista de Cedeira |
DESPILFARRO, MENTIRAS E CAPRICHOS
O Goberno que tiven o honor de
presidir deixou preparado o finanzamento para acometer a substitución da
caldeira da calefacción do Palacete Municipal. Trátase dun modelo moi
antiguo que funciona a base de resistencias eléctricas que consumen
moitísima enerxía, cos conseguintes gastos insostibles para os veciños
de Cedeira.
O Goberno do PP prefireu, nembargantes, adicar ese
orzamento para amañar goteiras do tellado que está sobre o faiado. Desde
a Comisión Executiva da Agrupación Local de Cedeira do PSdeG-PSOE non
creíamos que a decisión do Goberno de Rubido merecese unha crítica
frontal. Tratábase de diferentes criterios.
Non saímos á palestra
porque certamente é opinable. O que non estamos dispostos a admitir é o
que expresou recentemente o PP nos medios de comunicación, que a calefacción está ben e que vai pintar para devolverlle ao Palacete o aspecto orixinal.
O primeiro é mentira e o segundo é unha coartada que intenta disfrazar o
interés real de Rubido, eliminar os vestixios do labor rehabilitador do
Goberno presidido polos socialistas neste e noutros edificios públicos
de Cedeira, como fixo repintando os bancos e farolas da Praza Roxa.
§
Ainda que fose certo, que non o é, que pretenden recuperarr a cor
orixinal, sería un auténtico despilfarro. Ao expoñer esta disculpa,
recoñecen, que non se trata de reparar as paredes porque, como todo o
mundo ve, ata o momento non están en mal estado. Esta é a forma que o PP ten de aforrar. Esta é a maneira que ten Rubido de afrontar as dificultades que a crise económica está a poñerlle a Cedeira.
§ O estado primitivo do Palacete incluiría incorporar as esferas de pedra de Moeche que había nas columnas dos muros de fóra, que Leopoldo Rubido levou para a Casa da Laranxeira, actual Casa Consistorial.
§ O respecto ao estado orixinal obligaría aos actuais mandatarios a repoñer o lucernario
que arrancaron do Palacete para, de novo, colocalo no teito do segundo
piso do actual Concello. Os problemas do tellado do Palacete nacen desta
desfeita que Rubido esperaba que ninguén recordase.
§ O estado orixinal debería tamén de devolver a súa escalinata de madeira, sen dúbida de altísima cualidade, da que ninguén soubo o seu destiño final.
Cando
nós chegamos á Alcaldía de Cedeira, o Palacete estaba absolutamente
abandonado. Houbo que retirar escombros e basura do sótano. Pintamos o
exterior para parar o deterioro no que se atopaba desde facía moito
tempo. Houbo que acuchillar o baixo e o primeiro piso, así como pintar
paredes e portas. Hixienizamos os baños e melloramos a instalación
eléctrica. Finalmente puidemos utilizalo para realizar exposicións
como antiguamente, colocar a aula de informática con acceso a Internet,
realizar cursos de pasword ou instalar a oficina de turismo, co cal
aforramos 600€ mensuais que pagabamos polo alquiler dun local privado.
Algunhas vodas civís poideron celebrarse alí con toda dignidade para os
contraíntes, en definitiva recuperámolo para o seu uso público.
Non
nos enganemos, o estado orixinal das cousas non lle importan nada a
Rubido nin ao seu grupo. Destrueu a “Casa do Laranxo” para levantar un
edificio de cartón pedra. Inventouse todo tipo de construccións no
“Castelo da Concepción”, inadmisibles para os expertos en
rehabilitacións aos que substitueu por ignorantes cómplices das súas
maneiras de facer. Aspira a tirar todo o interior da “Casa das do Cura”
en lugar de rehabiltar. E, despois de toda a desfeita contra o Palacete
fala de “devolverlle a cor orixinal”. Pintará de blanco coa finalidade
de tentar borrar o labor de recuperación levado a cabo polo Goberno que
tivemos o honor de presidir.
Link: A. Socialista de Cedeira
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 4 votos: 4
| |
Opciones | |
|
Tópicos Asociados
|
|
"INFORMACIÓN Á CIDADANÍA . A. Socialista de Cedeira" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|