NOVO Centro de Saúde Sí !!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 94 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Concello de Cedeira - Urbanismo

PHP-NukeAnte as queixas xurdidas entre os veciños de Cedeira polo atraso á hora de realizar algúns trámites burocráticos, o Concello quere remedialo pondo ao día as oficinas municipais. O goberno cedeirense busca axilizar os trámites, sobre todo as licenzas urbanísticas, algunhas dos cales levan paradas máis de dous anos e para iso, segundo adiantaron fontes municipais, o Concello prevé externalizar parte da oficina de urbanismo.

«Cando entramos no goberno atopámonos cunha administración cara, lenta e pouco accesible. O noso obxectivo é remedialo e volver ter unha administración pequena que traballe directamente para o veciño», explica o edil popular, Luís Rubido. Aínda que desde o Concello aínda non indicaron cando se realizará este traspaso de parte das funcións urbanísticas, o edil si que aclarou que esta medida será «temporal» ata pór en orde as licenzas atrasadas. E é que, a principios deste verán, a nova administración local cuantificara en ao redor de trinta os procedementos urbanísticos abertos e en ao redor dun centenar as solicitudes sen responder.

O atraso na aprobación destes trámites está afectando a infraestruturas crave para o municipio como o polígono industrial ou o futuro xeriátrico. «Con tanto atraso non se está respondendo ás solicitudes de licenza das empresas que queren situarse no parque», lamentaba o edil Luís Rubido e de momento a única firma que xa está asentándose no municipio é a empresa encargada de fabricar dispositivos de son, Galicia Audio Research. O colectivo de empresarios da comarca, que prevé abrir un xeriátrico no antigo hotel Vila de Cedeira, tamén está tendo problemas para obter a licenza de apertura. Segundo indicaron fontes municipais, este tema tratarase na xunta de portavoces para darlle prioridade.

Link: VONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"Concello de Cedeira - Urbanismo" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.28 Segundos