Consellería de Economía e Industria
RESOLUCIÓN
do 23 de agosto de 2011, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se
somete a información pública a petición da autorización administrativa
dunha instalación eléctrica no concello de Cedeira (expediente IN407A
2011/140).
Para os efectos previstos na Lei
54/1997, do 27 de novembro (BOE n.º 285), do sector eléctrico, e no
título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310),
polo que se regulan as actividades de transporte, distribución,
comercialización, subministración e procedementos de autorización de
instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a
petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se
cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avenida de Arteixo 171, 15007 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S. e C.T.C. na rúa Marta.
Situación: concello de Cedeira.
Características técnicas:
– Liña eléctrica de media tensión
subterránea (L.M.T.S.), a 20 kV, cunha lonxitude de 0,160 km e condutor
R.H.Z.1-2OL 12/20 kV 3×(1×240) mm² Al, coa orixe nos empalmes
proxectados na L.M.T.S. CDR-807, tramo entre C.T. Sindicais
(expediente 11957) e o C.T. O Ventoso (expediente 50101), e final na
mesma liña unha vez entre e saia do C.T. proxectado.
– Centro de transformación (C.T.) non
prefabricado, cunha potencia de 250 kVA e unha relación de
transformación de 20.000/400-230 V, en r/ Santa Marta. Concello de
Cedeira.
Todas aquelas persoas ou entidades que
se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as
súas alegacións nesta xefatura territorial, situado no edificio
administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a
partir da última publicación.
A Coruña, 23 de agosto de 2011.
Tristana Moraleja Gómez
Xefa territorial da Coruña
Link: DOGAONLine