Sonetiño á Virxe do Mar.
Para Ti cantares,
para Ti emoción,
doce corazón,
Raiña dos mares.
Nai dos nosos lares,
con gran devoción
prego unha oración
,,, e alivias pesares.
Estrela do mar,
faro que alumeas
o meu navegar,
quero que protexas
Cedeira e o seu mar
pois nel te recreas.
Cedeira, 29 de outubro de 2010.
Xosé Antonio Suárez Aneiros.
Link:
Xosé Antonio Suárez Aneiros.