O PP ESTÁ PREPARANDO AS CONDICIÓNS PARA FACER DEIXACIÓN DAS SÚAS RESPONSABILIDADES ANTE A CONSTRUCCIÓN ILEGAL
Na Voz de Galicia do pasado venres, 24 de xuño, e no portal de noticias do Café Bar A Marina aparecen unas manifestacións de Luis Rubido Ramonde e Alfredo Vilela Santalla sobre a situación do departamento de Urbanismo.
O
primeiro foi anunciado en días pasados, nas páxinas do rotativo
mencionado máis arriba, como Concelleiro de Festas. Agora aparece coa
credencial de concelleiro de Urbanismo. Nas institucións nas que os
comportamentos democráticos están arraigados estes nomeamentos toman
carta de natureza no Pleno da Corporación Municipal, que se realiza a
tal efecto tras as eleccións. Aquí, en Cedeira, enterámonos primeiro
pola prensa e, tamén na prensa, aparecen as primeiras opinións de quen
se supón é xa, ademais, o flamante Concelleiro de Urbanismo.
Rubido
Ramonde (Luis) refírese ao departamento de Urbanismo describindo o seu
“deseño como Kafkiano totalmente inoperante”. Este Concelleiro non
explica nada máis. Quédase nos descalificativos. Para atopar algún tipo
de explicación hai que ler máis adiante as afirmacións do Concelleiro
Alfredo Vilela Santalla de “Atención á Cidadanía”, responsabilidade que
igualmente carece do refrendo plenario. Este promotor inmobiliario xa se
debuxa coma o auténtico responsable, na sombra, do urbanismo de
Cedeira, porque este sí enumera as súas preocupacións.
Fala
o Sr. Vilela Santalla de que os xuicios contencioso-admisitrativos
“afogan” ao Concello e xa toma parte a favor de quen litiga contra o
Concello, xustificando tales contenciosos na parálise dos servicios.
Para o señor Vilela a responsabilidade non se sitúa nas ilicitudes dos
seus colegas inmobiliarios. Está preparando as condicións para que o
Concello de Cedeira se retire e desista da defensa dos seus xustos
intereses. Está preparando a argumentación para que o municipio quede
por fin postrado ante aqueles especuladores que nada respectan.
Alude
tamén D. Alfredo Vilela Santalla aos expedientes de reposición da
legalidade urbanístatica. Non nos extraña que estea realmente
preocupado, toda vez que a súa derradeira intervención atópase na mesa
da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística. Unha construcción
realizada no lugar do Baturro, en solo rústico de especial protección
agropecuaria, ao rente do río que dá de beber a Cedeira, polo tanto
igualmente afectado pola lei de augas e finalmente ao lado da estrada
autonómica AC-566. Un conxunto de lindezas que se adereza cunha
desobediencia do decreto de paralización da Alcaldía, cuestión pola que
tamén a fiscalía deberá resolver.
Con razón está
preocupado este magnífico empresario, pola sorte dalgúns expedientes de
reposición da legalidade urbanística que, recordamos, se incóan a
instancias de funcionarios independentes contra os que se pode alegar e
defender. Polo menos así era antes, cando a lei non era un inimig, senón
un instrumento de igualdade. Rubido e Vilela prefieren firmar licencias
sen contar cos informes dos funcionarios ou contra os informes dos
funcionarios, como sucedía no mandato que rematou co goberno de progreso
presidido polo PSdeG-PSOE. Así todo irá máis rápido, claro.
JOSÉ LUIS VERGARA REY, Secretario Xeral da Agrupación Socialista de Cedeira