José Luis Vergara Rey - Alcalde de Cedeira
"Sabedes que non concibo o
labor de gobernar sen o contacto e a participación cidadá, por eso
impulsamos este novo instrumento que tratarei de atender con
periodicidade. Igual a periodicidade non a consiga de todo, pero sí
abordaremos este contacto con rigor, transparencia e honestidade.
Este
mecanismo substituirá outras intervencións en medios carentes de
control que funcionan sen responsabilidade para quen os utiliza, dando
cancha aos insultos e ao anonimato. Libertade, toda. Impunidade,
ningunha.
Quero
que este blog sexa un acicate para o meu labor diario e unha fonte de
iniciativas que nos obligue a ter as pilas postas permanentemente. As
novas tecnoloxías están a cobrar máis importancia cada dia e, desde
eiquí, aspiro estar á altura das novas esixencias. Debemos aprender a
utilizalas e extender o seu manexo á cidadanía.
ESPERO AS VOSAS INTERVENCIÓNS "
© 2009 Concello de Cedeira
Preme na imaxe para entrar no BLOG
Link: Concello de Cedeira