- FESTA + GASTO SOCIAL

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 39 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Dos compromisos electorais ao balance do mandato

PHP-NukeO parque empresarial da Trabe espertou nos últimos meses o interese de varias empresas, algunhas das cales xa iniciaron as obras de construción das súas naves. O polígono era unha das firmes apostas do Concello, que non escatimou esforzos en materia de urbanismo e saneamento.


© 2011 - Diario de Ferrol

O alcalde de Cedeira, o socialista José Luís Vergara, incidía uns días antes dos comicios electorais do ano 2007 na importancia de habilitar un parque industrial no municipio de Cedeira. Antes de finalizar o mandato que finalmente encabezou Vergara "cogobernando con TEGA e BNG" o mencionado polígono é unha realidade que ademais esperta o interese de varias empresas, dos máis diversos sectores, por asentarse na vila.


O Consello Local da Xunta aprobaba no ano 2004 o proxecto do parque empresarial da Trabe, en Cedeira. Tres anos máis tarde, en 2007, unha decena de empresas xa manifestara ao Concello o seu interese por asentarse no mencionado polígono industrial da vila, de algo máis de 100.000 metros cadrados de superficie e situado entre os núcleos de Outeiro e A Veciñeira. A urbanización da área industrial á que Xestur, entidade pública dependente da Xunta de Galicia, destinou uns tres millóns de euros comezou en outubro de 2008. Nas 53 parcelas habilitadas constrúense actualmente algunhas das naves de diferentes firmas. Unha planta de biomasa, unha fábrica de material médico e cirúrxico, outra de cultivo e comercialización de algas e outra de aeroxeradores traballarán, entre outras, desde o polígono cedeirense. Ademais, o equipo de goberno, tal e como anunciaba en 2007, non cesa no seu empeño de pór en marcha na Trabe un viveiro de empresas, coa finalidade de xerar empregos e evitar a exportación de man de obra especializada. Nas últimas semanas, o consistorio mostrou tamén a súa aposta por situar no polígono un centro de hidroterapia.


© 2011 - Diario de Ferrol

En canto a infraestruturas, unha das actuacións pendentes de finalizar é a mellora da AC-566, o viario que enlaza Cedeira con Ferrol. E non foi precisamente unha iniciativa que queda sobre a mesa por vontade do goberno local. Múltiples e de moi diversa índole foron os intentos do equipo de goberno cedeirense por tratar de conseguir que a Xunta acometese os traballos. Reunións con representantes dos municipios polos que discorre o viario, con persoal da Xunta e anuncios de mobilizacións sucedéronse nos últimos catro anos, pero todos os intentos resultaron infrutuosos para instar á Xunta a investir, polo menos, os 210.000 euros que comprometera para o Plan de actuación de mellora da AC-566.


© 2011 - Diario de Ferrol


Entre as intervencións de maior relevancia levadas a cabo nos últimos catro anos na vila cedeirense está a rehabilitación do casco antigo. A primeira fase da intervención supuxo un desembolso económico de nada menos que 1,2 millóns de euros. A metade do presente mandato, o equipo de Vergara contrataba os traballos que permitían renovar unhas precarias canalizacións do servizo de saneamento nunhas quince rúas da zona urbana. E para poder facer fronte a tan importante desembolso económico, o goberno local agarrouse ás axudas dos fondos anticrisis do Goberno central, con cargo aos que se sufragou o 85% da mencionada intervención. A partida permitiu, ademais da renovación das canalizacións de abastecemento e saneamento, a separación de pluviais e fecais, a implantación de canalizacións para novos servizos -gas, fibra óptica- e a substitución do pavimento. O pasado ano, tamén con cargo aos fondos estatais, destinábanse uns 600.000 euros aos traballos da segunda fase da rehabilitación do casco histórico de Cedeira.

Urbanismo

A edificación de vivendas protexidas era outra das firmes apostas dos socialistas cedeirenses días antes de porse á fronte da Alcaldía local, en 2007. No ano 2010, as negociacións cun grupo de construtores frutificaron, conseguindo o Concello, en virtude a un convenio urbanístico, chan para edificar vivendas sociais na rúa Zumalacárregui. Pero o avance no proceso queda pendente dos avances na tramitación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), un documento sobre o que o equipo de goberno está traballando na actualidade.
O Concello está á espera de que se rematen os informes técnicos para poder comprobar se o convenio asinado cos construtores encaixa no modelo de plan urbanístico do municipio. No caso de que sexa así, o chan poderá utilizarse cos fins inicialmente previstos.
No que respecta á tramitación do PXOM, actualmente están terminados os estudos que require a achaiadura. O consistorio anunciou que será a corporación que se constitúa a partir do próximo mes de maio, tras as eleccións locais, a que deba continuar avanzando na redacción do documento.
Máis de setenta millóns das antigas pesetas investíronse na estación depuradora da parroquia de San Román. A actuación pechou un dos capítulos máis importantes do saneamento rural do municipio. No último mandato á depuración da zona rural deriváronse máis de 500.000 euros. As axudas da Xunta nesta área permitiron limpar as augas nas que actualmente se pode mariscar.

En materia de Educación habilitouse en Cedeira unha delegación da Escola Oficial de Idiomas e ampliouse o IES Punta Candieira, entre outras actuacións.

Link: DFONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"Dos compromisos electorais ao balance do mandato" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.30 Segundos