NOVO Centro de Saúde Sí !!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 40 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Conic Vascular na Trabe - Granxas

PHP-NukeO proxecto que a empresa médica Conic Vascular prevé desenvolver en Cedeira contempla para o próximo ano a creación dunha granxa na que coidar aos seus propios animais para test médicos. Segundo explica o presidente da entidade, Manuel Parente, trataríase dunha especie de centro veterinario no que poder probar material, implantes e técnicas médicas baixo o coidado e a atención de expertos. «Exportar material médico para realizar as probas de calidade en animalarios do estranxeiro é moito máis caro que validar os produtos aquí», explica Parente.

A construción desta granxa entraría dentro dunha segunda fase do proxecto. «Estamos buscando financiamento para esta fase e aínda non iniciamos a compra dos terreos onde estaría situado o animalario», detalla Parente.

A empresa contará tamén cun espazo para realizar probas biolóxicas de calidade do material cirúrxico que fabrica a firma noutra nave e unha sala de hemodinámica, é dicir, aulas onde poder ensinar aos profesionais do medicamento o uso do novo material. Ademais, nun futuro, Parente non descarta implantar en Cedeira tamén unha fábrica.

Outras naves

No polígono da Trabe, onde se situará a firma médica, xa comezou a construción das naves onde se instalará unha firma que fabrica altofalantes, Galician Audio Research, e unha empresa que desenvolve aeroxeradores de eixo vertical. No parque empresarial tamén está previsto que se instalen ao longo do próximo ano un criadeiro de algas, unha planta de biomasa e un viveiro de empresas.

Link: VONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"Conic Vascular na Trabe - Granxas" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.25 Segundos