NOVO Centro de Saúde Sí !!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 38 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Terra Galega (TeGa) aspira rabuñar un 30% dos votos

PHP-NukeTerra Galega (TeGa) aspira a consolidar a representación con que conta en 25 concellos galegos e a gañar presenza nalgúns máis con imaxinación e moito traballo, para conseguir así rabuñar un 30% dos votos a outras formacións políticas e ser a "chave" para conformar gobernos.

O secretario xeral de TeGa, Xermán Tobío, explicou nunha entrevista con Efe que esta formación fai anos que deixou de ser un proxecto con promesas, pois agora goberna en varios dos 315 concellos e "os cidadáns saben en que consiste e poden votar cun criterio".

Creada en 2004 e integrada por unha dirección nacional e 17 secretarías, Terra Galega conta con 870 afiliados e 1.450 simpatizantes e concorreu por vez primeira a uns comicios en Galicia con motivo das eleccións municipais en 2007, cando logrou máis de 33.200 votos, recordou Tobío.

"Aspiramos a consolidar o que xa temos", continuou o dirixente de TeGa, cuxas principais preocupacións pasan pola creación de emprego, o apoio aos emprendedores e pequenas e medianas empresas, os servizos sociais de calidade, e potenciar a cultura e a mocidade.

Estas vimbias converterán á formación galeguista na "chave" de catro concellos coruñeses, segundo as estimacións de Tobío, provincia na que "principalmente seremos chave".

Os seus buques insignia están en Narón, onde "segue crecendo o emprego e a cultura", do mesmo xeito que en Cedeira e Arteixo, onde aumentan "exponencialmente", sostivo.

Unha das causas, agregou, é a diferenza que mantén TeGa coas principais formacións políticas en Galicia. "Non temos unha tendencia nacionalista senón galeguista, non só defendemos o idioma senón tamén os intereses principalmente económicos e sociais de Galicia en igualdade de condicións co resto do Estado español".

"Non queremos ser máis que un estremeño nin menos que un catalán", apostilou.

En todo caso, a TeGa quédalle unha ardua tarefa por diante para recuperar os votos que perdeu nas pasadas autonómicas de 2009, cando quedou en pouco máis de 18.700.

Tobío atribuíu este descenso a que TeGa non contou co apoio dos medios de comunicación "de forma descarada", nin tampouco pode competir economicamente con partidos como PSOE e PP, lamentou.

"Temos que demostrar o que facemos a base de traballo e imaxinación, cousa que nos gratifica, para que o crecemento sexa paulatino pero que, onde chegue, consolídese", concluíu Tobío.EFE

Link: ABCONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"Terra Galega (TeGa) aspira rabuñar un 30% dos votos" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.30 Segundos