- FESTA + GASTO SOCIAL

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 40 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 As festas: a concurso

PHP-NukeO Concello de Cedeira saca a concurso negociado a organización das festas patronais que se celebran na vila o mes de agosto. Esta semana reuniuse a xunta de goberno local na que se aprobou iniciar os trámites. O Concello xa anunciou a finais do ano pasado que tomaría esta medida para organizar unhas festas máis rendibles. «Facemos público o orzamento do que dispón o Concello, coa intención de que as empresas que poidan estar interesadas propoñan o seu programa de actividades e concertos e a partir de aí escollerase o proxecto máis competente», explica o alcalde da vila, Jose Luís Vergara.

As empresas interesadas en participar disporán dun orzamento de sesenta mil euros para a contratación de grupos de música e orquestras que amenicen as festas do día 14 ao 17 de agosto. Ao ser un concurso negociado, a convocatoria non sairá reflectida no Boletín Oficial do Estado. Desde a administración local prevén anunciar o concurso na páxina web do consistorio e invitar a varias compañías da comarca e fóra de Galicia que poden estar interesadas no proxecto. «Para que non se repitan os problemas doutros anos, esixiremos á empresa que reciba a adxudicación que pague todos os canons esixidos pola SGAE», ironiza o rexedor.

Este é un dos tres bloques nos que a administración local dividiu as festas. Nas próximas semanas procederá a negociar o orzamento da iluminación e os lumes. Para simplificar os trámites e non ter que convocar tres concursos distintos, desde o Concello explican que destinarán partidas inferiores aos 18.000 euros nestas concesións.

Ademais, fontes do goberno local aseguran que redactarán unha ordenanza municipal para controlar a instalación de casetas e postos de feira.

Problemas coas comisións

No ano 2008, un grupo de empresarios colaborou co goberno local na organización dos festexos. Tras esta experiencia, unha comisión de festas organizou os eventos dous anos consecutivos coas que, segundo indican desde o PP, o Concello debe en total ao redor de cen mil euros. «Legalmente non se lles debe nada, pero o goberno local deixoulles co cu ao aire coa débeda pendente. Vergara liquidou o modelo de comisión cidadá, xa ninguén quere organizar as festas», aseguran desde o partido.

Link: VONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"As festas: a concurso" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.21 Segundos