|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 44 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| Concello de Cedeira - Policía Local |
O pasado domingo finalizou a campaña especial desenvolvida pola
Dirección Xeral de Tráfico para controlar as distraccións durante a
condución, un programa ao que se adheriu entre outros organismos a
Policía Local de Cedeira.
Na vila mariñeira a semana de campaña saldouse con 269 vehículos
controlados segundo informan membros da policía local cedeirense. Do
total de retencións, en só dous casos os axentes oficializaron unha
denuncia pola infracción realizada. «En ambos os casos os condutores
falaban polo móbil, unha das infraccións máis habituais nas zonas
urbanas», explican desde a policía local.
Durante a campaña os axentes informaron aos condutores dos dispositivos,
permitidos ou non ao volante, que poden supor unha gran distracción na
condución e poden chegar a ocasionar un accidente. «controlamos, a parte
dos móbiles, o uso de GPS, auriculares e demais aparellos electrónicos»
detallan os axentes.
Uso do móbil
A pesar de que o uso durante a condución está prohibido, falar polo
teléfono móbil é a infracción máis reiterada en núcleos urbanos. «No
último mes e medio realizamos máis dunha ducia de denuncias por esta
causa», aseguran desde a policía cedeirense.
Link: VONLine
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 0 votos: 0
| |
Opciones | |
|
"Concello de Cedeira - Policía Local" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|