- FESTA + GASTO SOCIAL

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 34 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 TEGA: sólo Narón e Cedeira

PHP-NukeTerra Galega non presentará candidatura á Alcaldía de Ferrol. Así o confirmou onte o secretario xeral do partido, Xermán Tobío, que asegurou a viabilidade de presentar listas tanto no municipio de Narón "a asemblea xa aprobou a candidatura", onde encabezará o actual alcalde, Xosé Manuel Branco, como en Cedeira, onde Tobío está á fronte, desde o ano 2007, da Concellaría de Cultura, Deportes e Mocidade e preside a Fundación Cultural Gerardo Vilabrille, ao obter o partido un representante. A formación presentou en 2007 candidaturas nun total de sete municipios da comarca. De non frutificar as últimas xestións para pechar equipos en concellos como Neda e Valdoviño, onde segundo indicou Tobío trabállase con "opcións medias", TEGA tan só presentaríase en dous concellos da zona. "Non queremos dar a imaxe doutros partidos, como Converxencia Galega de Xoán Gato", asegurou Tobío, á vez que subliñou que "nós apostamos por candidaturas coherentes e con futuro, e en caso de non conseguilas, cremos que é mellor desfacer as agrupacións e empezar de cero, do mesmo xeito que se está facendo no resto de Galicia".


© 2011 - Diario de Ferrol


Nos comicios locais do ano 2007, Terra Galega obtivo no municipio de Narón, con Xoán Gato á cabeza "entón tamén secretario xeral do partido e actual presidente de Converxencia Galega" os seus mellores resultados na comarca. TEGA conseguiu no concello dez dos vinte e un concelleiros, con algo máis de 6.700 votos. Foi o de Neda o Concello no que se conseguiron uns resultados que permitiron ao entón candidato da agrupación, Ignacio Cabezón "en maio preséntase á reelección do cargo, pero baixo as siglas do PP" conseguir a Alcaldía cun total de seis edís. E a terceira das Alcaldías que na comarca obtivo o equipo de Terra Galega foi a de Valdoviño, con Isabel Álvarez "quen aínda non se pronunciou sobre a súa posible continuidade na vida política" á fronte dun equipo de goberno con tres integrantes das listas da mencionada formación.
No municipio da Capela, TEGA obtivo en 2007 dous concelleiros, Fernando Vilar, como cabeza de lista, e José Luís Calvo, que ocupaba o número dous das listas. Na actualidade, ambos os edís anunciaron a súa intención de desmarcarse das mencionadas siglas para presentarse baixo as de Alternativa Independente da Capela. Nos concellos de Fene e Pontedeume, onde encabezaban as listas Antonio García e José Carlos Gómez, respectivamente, Terra Galega non obtivo representación algunha nas pasadas eleccións municipais.

Baixas

Consciente da marcha de moitos edís de TEGA ao partido actualmente liderado por Xoán Gato, Converxencia Galega, Tobío asegurou que "respecto diso tan só teño que pedir desculpas aos electores por coller no seu día a esa xente que antes de pensar en política pensa no cinismo e na súa propia riqueza". Ademais, lanzou unha mensaxe aos votantes do 22-M para que "teñan en conta á hora de votar a esas persoas que se serven da política pero non serven para a política".
A lista máis dividida de TEGA con respecto a 2007 é a do concello de Neda, onde o seu alcalde, Ignacio Cabezón, fichou polo PP e edís como Antonio Seijo fixeron o propio en Converxencia Galega, seguindo o ronsel do que fose o seu líder político, Xoán Gato. Nas listas desta última formación tamén irá Gonzalo Doce, actualmente edil de TEGA en Valdoviño e candidato á Alcaldía do municipio por Converxencia Galega. A falta de presentación das listas ao completo, todo apunta a que Converxencia Galega, que se presentará en Ferrol, Narón, Neda, Valdoviño, Cedeira e Moeche, podería fichar a outros edís de TEGA.

Link: DFONLIne



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"TEGA: sólo Narón e Cedeira" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.22 Segundos