- FESTA + GASTO SOCIAL

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 35 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Tripartito: O pacto «goza de boa saúde»

PHP-NukeO tripartito de Cedeira goza de boa saúde. Así o afirman os tres protagonistas do goberno da localidade, PSOE, BNG e Terra Galega. E reafírmanse no pacto despois de que pasadas as eleccións autonómicas as tres partes celebrasen unha reunión o 5 de marzo coa intención de revisar o estado de saúde do pacto de goberno. Os tres coinciden en seguir traballando no seo do tripartito.

É un «exercicio de democracia», apuntaba onte José Luis Vergara, alcalde de Cedeira. Sacar adiante un goberno de tres partidos «é duro, pero ao final sempre atopamos consenso. Isto conséguese a base de conquistas diarias, é como un namoramento a tres». O rexedor apunta que, tras a comisión de seguimento, os tres partidos acordaron «reafirmarse no contido do pacto» ademais de considerar «exclusivamente en clave autonómica os resultados das eleccións do 1 de marzo». En terceiro lugar, os representantes dos tres partidos «agradecen ao goberno saínte da Xunta o investimento e a dedicación cara ao municipio de Cedeira» e esperan que o equipo de Núñez Feijoo «manteña os compromisos adquiridos na localidade».

Alfredo del Río, do BNG, ademais de insistir no bo estado do pacto, puntualizou onte que o tripartito «traballará nos próximos meses por profundar na coordinación entre concellarías co obxectivo de mellorar o servizo aos cidadáns». E anunciou que axiña que sexa posible, reuniranse cos novos dirixentes da Xunta, «confiamos en que se manteña a cortesía institucional». Pola súa banda, o representante de Terra Galega, Xermán Tobío, cualificou de «impoluto» o estado de saúde do pacto e recordou que o novo goberno autonómico deberá manter os proxectos comprometidos polo equipo anterior, como a construción do porto deportivo, que finalmente terá ao redor de 260 atracadas e continuar cos traballos do polígono industrial.

Link: VONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


"Tripartito: O pacto «goza de boa saúde»" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.21 Segundos